C.H. Lloret: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O '''Club Hoquei Lloret''' é un club de hóckey a patíns catalán da localidade xerundense de Lloret de Mar, na comarca de [[La Selva]..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2010 ás 18:46

O Club Hoquei Lloret é un club de hóckey a patíns catalán da localidade xerundense de Lloret de Mar, na comarca de La Selva, fundado en 1969 e que compite actualmente na OK Liga.

Historia

O CH Lloret foi fundado en 1969, chegou á Primeira División Nacional na tempada 1981-82, acadando catro anos máis tarde o ascenso á División de Honra, na que tan só consigue xogar dúas tempadas. Na tempada 2001-02 o equipo retorna á máxima categoría.

Do 9 ao 12 de Marzo de 2006 celebrouse en Lloret de Mar a Copa do Rei coa participación do Club Hoquei Lloret, caendo este en cuartos de final fronte ao Igualada HC, nunha edición que acabaría gañando o Reus Deportiu.

O CH Lloret chegou á final four de Dinan da Copa CERS na tempada 2007-08, caendo en semifinals fronte ao Hockey Valdagno. En 2009 foi Lloret de Mar quen acolleu a final four da Copa CERS.

Ligazóns