Old Trafford: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 22:
'''Old Trafford''', tamén coñecido como '''''"O teatro dos soños"''''', é o estadio do [[Manchester United F.C.]] Está situado no distrito de Trafford, na cidade de [[Manchester]] ([[Inglaterra]]). Ten a categoría de estadio 5 estrelas da [[UEFA]].
 
===Historia===
Cando o club foi fundado como Newton Heath en [[1878]], xogou os seus partidos en casa nun pequeno campo en North Road en Newton Heath. Con todo, a miúdo os equipos visitantes queixábanse do estado do terreo, que era "un pantano nun extremo e unha canteira de rocha no outro". Os vestiarios tampouco eran para estar orgullosos, e atopábanse a dez minutos a pé do estadio, no Pub Three Crowns en Oldham Road. Máis tarde foron trasladados ao Shears Hotel, outro pub en Oldham Road, mais era preciso un troco se o club quería continuar na liga de Fútbol. Os Heathens mantivéronse no seu terreo de North Road durante quince anos, entre [[1878]] e [[1893]], cando ano despois de entrar na Football League, trasladáronse a un novo fogar en Bank Street, nas inmediacións de Clayton.