Henrik Pontoppidan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Poño premio Nobel de Literatura
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pnb:ہینرک پونٹوپیڈان; cambios estética
Liña 2:
'''Henrik Pontoppidan''', nado en [[Fredericia]] o [[24 de xullo]] de [[1857]] e finado en [[Copenhaguen]] o [[21 de agosto]] de [[1943]], foi un [[Novelista]] [[Dinamarca|dinamarqués]], gañador do [[Premio Nobel de Literatura]] en [[1917]].
 
== Traxectoria ==
=== A súa infancia ===
Henrik Pontoppidan naceu na aldea de Fredericia, na [[Península de Iutlandia]]. O seu pai era un estudioso bíblico que seguía e apoiaba as teorías extremistas do teólogo Grundtvig.
 
A pouco de nacer Henrik, a familia mudouse ao pobo de Randers, que fora invadido e saqueado polas tropas [[Austria|austríacas]] e [[Prusia|prusianas]]. A visión da destrución e a miseria deixada atrás pola guerra causou unha forte impresión no pequeno Henrik, que se traduciría no pesimismo das súas novelas, en varias das cales retornaría sobre o tema das guerras e as penurias subseguintes.
 
=== A súa mocidade ===
Enfrontado cos seus pais, Henrik negouse a seguir a tradición eclesiástica da súa familia, e abandonou o pobo para estudar [[enxeñaría]] no Instituto Politécnico de [[Copenhague]], pero en [[1879]] cansouse de estudar e trasladouse ao interior do país, onde exercería como mestre de escola secundaria ata [[1910]].
 
Liña 15:
Ese mesmo ano, o autor casou con Mette Marie Hansen, que o axudou a independizarse e apoiou os seus intentos por vivir exclusivamente da literatura. Desde entón e ata [[1888]] o matrimonio viviu no campo, ata que se estableceron en [[Copenhague]] logo de varias viaxes por [[Alemaña]] e [[Italia]].
 
=== Primeiras obras ===
Nestes traballos primixenios Pontoppidan estudou o contraste entre natureza e cultura, ou, o que é o mesmo, entre a contorna e as aspiracións humanas. No seu conto "O barquiño" (''Kirkeskuden''), de ''ás cortadas", un neno xitano que quedou orfo é criado por un sacerdote e a súa esposa. O pequeno toma un modelo votivo de barco da igrexa e lévao á auga, onde inmediatamente se afunde para a súa desesperación.
 
Liña 22:
Entre "ás cortadas" e [[1890]] publicou máis de 10 libros, pero ningún deles é demasiado coñecido. A fama chegaríalle coas tres longas novelas que publicaría a continuación.
 
=== As súas novelas maiores ===
Entre [[1891]] e [[1916]] Henrik produciu, posiblemente, as obras máis importantes da súa carreira. Trátase de tres series de novelas irónicas, poboadas de personaxes que se esforzan por cambiar os seus lugares no mundo, mentres o mundo se confabula para frustrar os seus desexos. A carga da natureza, como sempre, faise presente aquí para dobregar aos homes baixo o seu peso brutal.
 
Liña 35:
O obxectivo de Henrik nestas grandes e voluminosas novelas foi crear un cadro crible e axustado da realidade danesa do tempo que lle tocou vivir. Os individuos son recoñecibles como tipos sociais, e analízaos en relación con graves conflitos laborais, políticos, sociais e relixiosos. O personaxe de Hansted é particularmente ilustrativo deste punto, e cecais o máis maltratado polo autor no medio desta pléyade de sofrintes protagonistas e figurantes: querido e respectado pola súa comunidade en canto xeneroso e idealista, abandona aos seus iguais para ir vivir a [[Copenhaguen]] onde coñece a unha muller de mundo e namórase dela. Logo de caer nunha crise de delirio místico, remata morrendo nun manicomio.
 
== Literatura, ideoloxía e crítica ==
Henrik separouse da súa esposa en [[1888]] cando esta, farta da vida na cidade, se volveu ao campo cos seus pais. Catro anos máis tarde, o literato casou en segundas nupcias con Antoinette C. Kofoed coa que tivo dous fillos.
 
Liña 42:
Na súa autobiografía, o escritor confesa que logo voltou á novela, a que, a pesar da mala fama que se lle atribuía, era, ao seu xuízo, o xénero que máis se aproximaba ao drama clásico e á epopea épica.
 
== O Premio Nobel ==
En [[1917]] Henrik gañou o Premio Nobel de Literatura (compartido con [[Karl Gjellerup]]). Os demais escritores estiveron de acordo coas palabras de [[Thomas Mann]], quen afirmou que o danés era un "poeta épico nato, un conservador que preservou para nós o gran estilo da novela".
[[Ficheiro:Nobel prize medal.svg|right|50px]]
Liña 48:
Pontoppidan dicía de si mesmo, en cambio, que era un "narrador tradicional". A realidade é que ningún outro novelista danés logrou unha tan precisa interpretación da súa propia sociedade e dos tempos que lle tocou vivir.
 
== Obras seleccionadas ==
{{Col-begin}}
{{Col-2}}
* [[1881]]: ''Stækkede vinger''
* [[1883]]: ''Sandinge meninghed''
* 1883: ''Landsbybilleder''
* [[1885]]: ''Ung Elskov''
* [[1895]]-[[1890]]: ''Smaa Romaner''
* [[1886]]: ''Mimoser''
* [[1887]]: ''Isbjørnen''
* 1887: ''Fra Hytterne''
* [[1888]]: ''Spøgelser''
* [[1890]]: ''Krøniker''
* 1890: ''Skyer''
* [[1891]]-[[1895]]: ''Det Forjættede Land''
* [[1893]]: ''Minder''
* 1893: ''Ørneflug''
* [[1894]]: ''Nattevagt'
* [[1895]]: ''Den gamle Adam''
* [[1896]]: ''Højsang''
* [[1897]]: ''Kirkeskuden''
* 1897: ''Nar vildegæssene trækker forbi"
* [[1898]]-[[1904]]: ''Lykke-Per''
* [[1900]]: ''Lille Rødhætte''
* 1900: ''Det ideale hjem''
* [[1902]]: ''De vilde Fugle''
{{Col-2}}
* [[1905]]: ''Borgmester Hoeck og Hustru''
* [[1906]]: ''Asgaardsrejen''
* 1906: ''Det store spøgelse''
* [[1907]]: ''Hans Kvast og Melusine''
* [[1908]]: ''Den Kongelige gæst''
* [[1912]]-[[1916]]: ''De dødes rige''
* [[1918]]: ''Et Kærlighedseventyr''
* [[1924]]-[[1926]]: ''Romaner og Fortællinger''
* [[1927]]: ''Mands Himmerig''
* [[1933]]: ''Drengeaar'', memórias
* [[1936]]: ''Hamskifte'', memórias
* [[1938]]: ''Arv og Gæld'', memórias
* [[1940]]: ''Familieliv'', memórias
* [[1943]]: ''Undervejs til mig selv'', memórias
 
:'''Obras póstumas'''
* [[1962]]: ''Erindringer''
* [[1979]]: ''Magister globs papirer''
* [[1989]]: ''Kronjuder og Molboer''
* [[1993]]: ''Enetaler''
* [[1994]]: ''Mininger & Holderinger''
* [[1999]]: ''Henrik Pontoppidans Dikte''
{{Col-end}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/literature/laureates/1917/index.html Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Literatura 1917] {{en}}
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
[[Categoría:Escritores de Dinamarca|Pontoppidan, Henrik]]
[[Categoría:Premio Nobel de Literatura|Pontoppidan, Henrik]]
Liña 142 ⟶ 143:
[[pl:Henrik Pontoppidan]]
[[pms:Henrik Pontoppidan]]
[[pnb:ہینرک پونٹوپیڈان]]
[[pt:Henrik Pontoppidan]]
[[ro:Henrik Pontoppidan]]