Auguste e Louis Lumière: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Ortografía
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Eran fillos do [[Fotografía|fotógrafo]] [[Antoine Lumière]], dono da empresa de material fotográfico Société Antoine Lumière et fils de Lyon. Foron os creadores do proxector cinematográfico, a partir do cal se desenvolveu a '''[[Cinema|Sétima Arte]]'''. Louis viría máis tarde a dedicar por completo a súa vida ao [[cinema]], realizando documentariosdocumentais curtos, e Auguste, máis tarde, seguiu a carreira na [[medicina]]. Casaron con dúas irmás e moraban todos na mesma mansión.
 
O primeiro espectáculo pago dos Irmáns Lumière ocorreu en París o [[28 de decembro]] de [[1895]], no ''Grand Café'', no Boulevard des Capucines. Fixeron unha digresión co cinematógrafo, en [[1896]], visitando [[Mumbai]], [[Londres]] e [[Nova York]]. As imaxes en movemento rapidamente tiveron unha forte influencia na cultura popular, con [[L'Arrivée d'un train en gare de la Ciotat]] (en galego: ''Chegada dun tren'') e cos filmes de actualidades, moitas veces citados como os primeiros documentais - aínda que o tema sexa algo polémico - tal como [[La Sortie des ouvriers de l'usine Lumière]] (traducido ''Saída dos operarios das Fábricas Lumière'') ou [[Le Déjeuner de Bébé]] (O almorzo do bebé), incluíndo algunhas das primeiras tentativas cómicas coma o humor de slapstick de [[L'Arroseur Arrosé]] (''O regador regado'').