Diferenzas entre revisións de «Afección (hobby)»

sen resumo de edición
Unha '''afección''', tamén coñecida como '''hobby''' ou '''pasatempo''', é unha actividade humana que ten como fin principal o [[entretemento]] da persoa que a realiza e que ocupa, normalmente, o seu tempo de [[lecer]]. Esta actividade realízase de maneira habitual e non sempre procura unha finalidade produtiva concreta. Do mesmo xeito, moitas actividades poden ter unha vertente profesional ou produtiva e outra propia da do pasatempo, así a [[cociña]] ou a [[programación]] de [[computadorecomputador]]ses poden ser para unha persoa unha [[profesión]], unha afección ou, mesmo, as dúas cousas a un tempo.
 
Xeralmente o termo aficionado aplícase a todas aquelas actividades practicadas sen un carácter profesional, isto é coma unha simple afección persoal. Desta maneira pódese ditinguirdistinguir, por exemplo, un deportista aficionado coma aquel que practica algún deporte para pasar o tempo, daquel que o fai por motivacións económicas.
 
==Tipos de afección==
 
===Xogos===
Son actividades recreativas estruturadas (ou semiestruturadas) cun fin lúdico (aínda que as veces poidan ter tamén unha finalidade de entrenamentoadestramento mental ou físico). O que identifica e define a cada [[xogo]] son os obxectivos que os xogadores deben atinxir respectando unha serie de regras dadas. Deste xeito pódense distinguir unha enorme variedade de xogos: [[videoxogo]]s, xogos de mesa, de rol, de simulación, de estratexia, etc. Algúns xogos destacados son: o [[xadrez]], o [[tetris]], as [[damas]], [[parchís]], [[tute]], [[sete e medio]], [[póker]], o [[backgammon]], [[dominó]], [[Dragóns e alxubes]], etc.
 
Algúns xogos supoñen a realización de actividades físicas o que fai que a fronteira entre xogo e deporte sexa ás veces moi difícil de establecer ou que se inclúan todos os deportes como xogos. De feito moitos deportes comezaron como xogos. Así na fronteira entre o xogo popular e o deporte: a [[chave]], a [[billarda]], a [[petanca]], o [[brilé]], etc. E xa como deportes que son practicados coma unha afección: [[fútbol]], [[balonmán]], [[baloncesto]], [[atletismo]], etc.
 
===Actividades artísticas e creativas===
Moitas persoas son aficcionadasafeccionadas a realizaren as máis diversas actividades de carácter artístico, tales como o [[canto]], tocar algún [[instrumento musical]], a [[escritura]], a [[danza]], a [[pintura]], a [[fotografía]], etc.
 
Existen outras moitas prácticas realizadas como afección que aínda sendo creativas non adoitan ser consideradas como unha ''[[arte]]''. Entre estas podemos citar unha extensa lista: [[ebanistería]], [[papiroflexia]], a [[maxia]], etc.
 
Dentro deste tipo de afeccións creativas hai un peqeunopequeno grupo delas qeuque atinxiron unha grande importancia como ''hobbies''. Son o modelismo, a cociña e a xardinería.
 
====O modelismo====
Consiste na realización de réplicas de obxectos da vida real a un tamaño reducido e a escala. esta práctica está documentada xa desde moi antigo mais só en datas máis recentes coa extensión de materiais facilmetefacilmente manipulábeis se extendeuestendeu esta práctica como afección. Entre os diferentes tipos de modelismo destaca o [[aeromodelismo]] (reproducciónreprodución de avións a pequena escala capaces de voar), o [[tren eléctrico]], [[pintado de miniaturas]], recreación de casas e mobiliario, maquetas de cidades, etc.
 
Existe unha variedade de xogos que inclúen elementos do modelismo ao procurar recrear a realidade e que está presente tanto en videoxogos, como en xogos de rol ou mesmo en xogos máis convencionais.
 
===Actividades contemplativas===
Neste apartado incluiríanse actividades consistentes na contemplación de actividades realizadas por outros, sexan estas artísticas ou doutro tipo. Dentro desta categoría estarían importantes actividades coma a leituralectura (de [[libro]]s, [[revista]]s, [[fanzine]]s, [[xornal|xornais]], etc.), ir ao [[cinema]], ver a [[televisión]], ir ao [[teatro]], ir a [[exposición]]s, escoitar [[música]], asistir a partidos de fútbol, etc.
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Xogo]].
*[[Deporte]].
*[[Profesional]].
 
[[Categoría:Hobbies e afeccións]]
52.854

edicións