A sereíña (estatua): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'Copenhague' por 'Copenhaguen'
Elvire (conversa | contribucións)
m algún detalle
Liña 2:
[[Ficheiro:The Little Mermaid-tourists.jpg|thumb|320 px|Estatua A sereíña.]]
 
'''''A Sereíña''''' de [[Copenhaguen]], en danés '''"Den Lille Havfrue"''' é unha [[estatua]] e un dos símbolos máis característicos e visitados da cidade. Está ubicada no parque Langelinie, na bahía do porto de Copenhaguen. Representa a personaxe do [[conto]] do mesmo nome, ''[[A sereíña]]'', de [[Hans Christian Andersen]].
 
==Historia==
Encargada en 1909 polo empresario Carl Jacobsen (fillo do fundador de [[Carlsberg]]), o escultor Edvard Eriksen <ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2009/02/06/cultura/1233879745.html "''La Sirenita'' viajará de Copenhaguen a Shanghai"], ''[[El Mundo]]'', [[6 de febreiro]] de [[2009]] {{es}}.</ref> inspirouse no rostro de Ellen Price, unha bailarina do Ballet Real, aínda que para a parte núa da estatua tivo que convencer á súa propia muller de que posara para el. A estatua foi emprazada na súa ubicación actual o 23 de agosto de 1913, sobre unha base de penas na beira do mar.
 
Realizada en [[bronce]] fundido, sorprende aos turistas polas súas pequenas dimensións: pesa 175 quilos e mide 1,25 metros de alto. Ao longo da súa historia sufriu diversos danos por mor de ataques vandálicos:
 
* O [[24 de abril]] de [[1964]], cortáronlle e deformáronlle a cabeza artistas pertencentes ao movemento [[Internacional Situacionista|situacionista]], entre eles [[Jørgen Nash]]. Nunca máis se atopou a cabeza e puxéronlle unha nova.
* O [[22 de xullo]] de [[1984]] uns mozos rompéronlle o brazo dereito, que foi recuperado dous días máis tarde.
* En [[1990]], intentaron de novo descabezala, e fixéronlle un corte de 18 cm no pescozo.<br>
* O [[6 de xaneiro]] de [[1998]] foi decapitada por segunda vez; nunca atoparon os culpables, mais a cabeza foi levada anonimamente ao mesmo lugar o [[4 de febreiro]].
Liña 18:
* Na noite do sábado 20 ao domingo [[21 de maio]] de [[2007]], foi envolta en panos vermellos e bordeos, e cubríronlle a cabeza cun veo.
 
Porén, sempre puido ser reconstruída xa que se conservan moldes[[molde]]s de cada unha das súas partes. O concello de Copenhaguen anunciou, como consecuencia destes ataques, que poderían mover a estatua do sitio para protexela.
 
==Lenda e tradición==
Segundo unha lenda popular, os homes que navegaban polo [[mar Báltico]] eran víctimas de meigallos por mor do canto das sereas[[serea]]s. En Copenhaguen, un mariñeiro foi alcanzado por un destes feitizos, e a serea, namorada tamén do mariñeiro, elixiu ter aspecto de muller para conquistar o seu amor renunciando así á súa inmortalidade.
 
Hans Christian Andersen inspirouse nesta historia popular para escribir en 1837 o relato ''A Sereíña'' tal coma se coñece hoxe en día.
 
Ao longo dos anos, '''''A Sereíña''''' converteuse nun punto de peregrinación para os mariñeiros, que visitaban a estatua ao retornar das súas viaxes para confesar as súas infidelidades e aliviar a súa conciencia.
==Notas==
 
<references />
==Referencias==
{{referencias}}
 
==Véxase tamén==
Liña 35 ⟶ 34:
*[[Igrexa San Alban de Copenhaguen]]
*[[Pazo Amalienborg]]
 
===Ligazóns externas===
{{commonscat|Statue of the Little Mermaid (Copenhagen)}}
 
 
[[Categoría:Escultura|Sereinna]]
[[Categoría:CopenhaguenCopenhague|Sereinna]]
 
[[da:Den lille Havfrue]]