Fonética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: myv:Фонетика
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mhr:Йӱклончыш; cambios estética
Liña 2:
A '''fonética''' é a disciplina da [[lingüística]] que estuda a produción, as calidades físicas e a percepción dos [[son]]s dunha lingua, en canto realidades físicas concretas. A fonética persegue o coñecemento do son lingüístico en xeral.
 
== Diferenza entre fonética e fonoloxía ==
{{VT|Fonoloxía}}
Tanto a [[fonoloxía]] como a fonética teñen como obxecto de estudo os aspectos sonoros do [[signo lingüístico]] e o nome das dúas deriva da palabra grega ''phonos'' ("voz" ou "son"). A fonoloxía estuda os sons desde o punto de vista da [[lingua]], do [[sistema]], da [[forma lingüística|forma]]. Para a fonoloxía o son é unha unidade de lingua virtual, relevante e significativa que posúe un valor determinado. Porén, as unidades da fonoloxía, os [[fonema]]s, son abstractas, son sons inmateriais que son recoñecidos no seo dunha [[comunidade de fala]]. A fonética estuda o son como parte da [[fala]] e define unidades [[actualización|actualizadas]] (isto é, efectivamente realizadas). As unidades da fonética, os sons, pódense definir por medios físicos.
Liña 10:
Porén, ambas as dúas disciplinas están interconectadas, porque sen a fonoloxía non se podería descubrir o verdadeiramente sistemático da lingua e sen a fonética a fonoloxía non se podería desenvolver. A fonética ocúpase de todas as variacións e de todas as posibilidades que ofrece a [[materia]] fónica, mentres que a fonoloxía o fai dos sons que posúen un valor diferenciador de [[significado]]s.
 
== Historia da fonética ==
* Os primeiros estudos de fonética realizáronos hai máis de 2000 anos estudosos do [[sánscrito]] como o gramático [[Pānini]] (século V a.C.) que se ocupou da articulación fonética para establecer a pronunciación inalterable dos libros sacros nas cerimonias.
* O matemático inglés [[John Wallis]], mestre de xordomudos, foi o primeiro en clasificar as [[vogal|vogais]] segundo o seu punto de articulación ([[1653]]).
* O alemán [[Christoph Friedrich Hellwag|Hellwag]] inventou o triángulo vocálico en [[1781]].
* [[Hermann Helmholtz]], que escribiu ''Sensacións do ton'' (1863), inaugurou o estudo da fonética acústica.
* [[Jean Pierre Rousselot]] foi o primeiro investigador da fonética experimental e escribiu os ''Principes de phonétique experimentale'' que se publicaron entre os anos [[1897]] e [[1908]].
* No século XIX [[Jan Baudouin de Courtenay]] intúe o concepto de fonema, que despois será formulado por [[Ferdinand de Saussure]].
 
== Pólas da fonética ==
O estudo do medio fónico pódese levar a cabo desde tres puntos de vista:
* auditivo, que atende o modo en que o oído e o cerebro do oínte perciben e identifican os sons da fala;
Liña 26:
Estas tres focaxes dan lugar ás dúas grandes pólas da fonética: a fonética articulatoria e a fonética acústica.
 
=== Fonética articulatoria ===
Describe as posicións que se adoptan na articulación dos sons para modificar a saída do ar. Non só se describen os sons, senón que se lles asignan trazos segundo o modo e o lugar da articulación. O principal método usado é a auto-observación, pero existen outros coma:
 
Liña 36:
Un dos intereses da fonética articulatoria actual é a determinación da forma e o volume dos resoadores que se forman na cavidade bucal na realización das diferentes articulacións.
 
=== Fonética acústica ===
A fonética acústica estuda os compoñentes das [[ondas]] complexas dos sons articulados e busca cales son imprescindíbeis. Usa ou usou algunhas destas técnicas:
* a [[quinografía]]. É un cilindro rotatorio envolto en papel no que incide un estilete movido polas vibracións da voz.
Liña 45:
A fonética acústica describe esencialmente o [[timbre]] e o ton fundamentais máis os seus harmónicos. Por exemplo, as [[vogal|vocais]] [a] e [e] poden ter o mesmo ton, mais os seus harmónicos son distintos.
 
== Transcrición fonética ==
A transcrición fonética é a representación por medio de signos gráficos dos sons efectivamente realizados. O alfabeto máis estendido a nivel mundial é o [[Alfabeto Fonético Internacional]], ou AFI, cuxa primeira versión apareceu en [[1888]] auspiciada pola International Phonetic Association ([[Asociación Fonética Internacional]] ou IPA, siglas que tamén se usan para referirse ao alfabeto mesmo). Para o galego usouse até hai pouco unha adaptación do alfabeto fonético da ''Revista de Filología Española''. Os sons transcríbense entre corchetes.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro|autor=Martínez Celdrán, Eugenio|título=Introducción á fonética. O son na comunicación|ano=2002|publicación=Vigo|editor=Editorial Galaxia|id=ISBN 978-84-8288-493-6}}
 
Liña 103:
[[lt:Fonetika]]
[[lv:Fonētika]]
[[mhr:Йӱклончыш]]
[[mk:Фонетика]]
[[ml:സ്വനവിജ്ഞാനം]]