Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
O primeiro documento coñecido -na actualidade- onde aparece citada esta parroquia correspóndese ao ano 1087 e pertence á colección diplomática do próximo [[Mosteiro do Couto|mosteiro de San Martiño de Xuvia]]. Durante a [[Idade Media]] e a [[Idade Moderna]], Santa Icía de Trasancos foi a cabeza ou capital do arcedianádego de Trasancos.
 
O couto -medieval- de Santa Icía de Trasancos estaba en mánsmans do correspondente arcediánarcediago, por canto era anexo a esta dignidade do cabido mindoniense. No ano 1586 o rei [[Filipe II]], despois de desamortizar este couto e incorporalo aos bens da Coroa, vendeuno ao ferrolán Xoán Yáñez de Leiro e Doza, coengocóengo doutouraldoutoral da [[Catedral de Santiago de Compostela]]. O Dr. [[Yáñez de Leiro]] outorgou testamento no ano 1599, polo cal fundou vínculo e morgado sobre este couto -xunto cos de Xuvia e Caranza- así como sobre outros bens capitais en favor do seu sobriño o capitán Pedro Yáñez de Mandiá. O couto de Santa Icía de Trasancos permaneceu durante a Idade Moderna en posesión dos descendentes do capitán Pedro Yáñez de Mandiá -logo co apelido Bermúdez de Mandiá- até a abolición do sistema [[xurisdición|xurisdicional]] co fin do [[Antigo Rexime]] no [[século XIX]].
 
Da igrexa medieval non se conserva máis que un pequeno anaco dunha dovela, empotrado na parede interior do altar maior da que hoxe corre popularmente como "igrexa vella", a cal data do ano 1771 e se edificou baixo o padroado de D. Xosé María Bermúdez de Mandiá e Pardiñas Villardefrancos, señor xurisdiccionalxurisdicional polo entón. A actual igrexa parroquial data do ano 1964.
 
Na mesma parroquia de Santa Icía de Trasancos e lindando coa freguesía anexa de [[Leixa, Ferrol|San Pedro de Leixa]] atópase o espléndido [[Pazo do Monte]], que se rematou de construir no ano 1780 e foi casa solarenga da liñaxe dos Bermúdez de Mandiá, antigos señores da xurisdición, na actualidade en propiedade dos seus sucesores os Moreno-Bermúdez.
 
Sobre o río de Santa Icía -tamén chamado [[Río Freixeiro]]- se atopa a [[ponte]] chamada popularmente "romana", pero que foi obra do ano 1814. Nas cercaníasproximidades está o chamado Muiño dos Amenadás -xa no concello de [[Narón]]-, cuxa primeira construción data do ano 1813.
 
== Imaxes de Santa Cecilia de Trasancos ==