Vicente Rojo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños diversos
Xas (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 1:
'''Vicente Rojo Lluch''', nado en [[Enguera]] ([[Provincia de Valencia|València]]) en [[1894]] e finado en [[Madrid]] en [[1966]], foi un militar español, fillo póstumo dun militar que combateu contra os [[carlista]]s e nas campañas de [[Cuba]], de onde volveu doente.
 
==Traxectoria==
Liña 6:
En [[1922]], xa como [[capitán]], volve á Academia de Infantería, onde ocupa diversos postos docentes e de administración. Foi un dos redactores dos plans de estudo das asignaturas de Táctica, Armamento e Tiro para a nova etapa da Academia de [[Zaragoza]]. É neste período na Academia cando colabora na fundación e dirección da ''Colección Bibliográfica Militar'', colección sobre temas militares que acadou ampla difusión en España e no estranxeiro, xunto co tamén capitán Emilio Alamán. En agosto de [[1932]], abandona a Academia para ingresar na Escola Superior de Guerra co obxectivo de realizar o curso de Estado Maior.
 
Durante a súa estancia na Escola deuse a circunstancia curiosa de que se propuxo aos alumnos da súa [[promoción]] que desenvolvesen un suposto táctico que consistía no paso do [[río Ebro]] para establecerse na rota Reus-Granadella, operación moi similar á que uns anos despois, durante a [[Guerra Civil Española|guerra civil]], habería de levar á práctica na soada [[batalla do Ebro]] no tramo comprendido entre [[Mequinenza, (Zaragoza)|Mequinenza]] e [[Amposta]]. Noutra faceta da súa biografía, a súa preocupación e implicación pola formación dos mozos conduciu, igualmente, a que por estas datas (1931-1933) fose nomeado Comisario Xeral de Instrución dos "Exploradores de España".
 
Ascendido a [[comandante]] o [[25 de febreiro]] de [[1936]], ao estalar a guerra civil, en xullo de 1936, mantívose leal ao goberno da [[Segunda República Española|República]], e foi un dos militares profesionais que participou na reorganización das forzas republicanas.
Liña 14:
Cun prestixio acrecentado, en marzo de [[1937]] foi nomeado [[coronel]] e en maio, trala formación do goberno [[Juan Negrín|Negrín]], Xefe do Estado Maior Central das Forzas Armadas e xefe do Estado Maior do Exército de Terra. Dende este novo emprego encargouse de dirixir a expansión do Exército Popular, e creou o denominado Exército de Manobra, que debía servir de ofensiva do Exército Republicano. Ao longo de 1937 proxectou as ofensivas de [[Huesca]], Brunete, Belchite, [[Zaragoza]] e [[Teruel]].
 
Ascendido a [[xeneral]] en outubro de 1937 é xa un dos militares máis prestixiosos da [[República]]. A operación máis ambiciosa que levou a cabo ao longo de [[1938]] foi a ofensiva do Ebro, antes citada ao falar do suposto táctico desenvolvido na Escola Superior de Guerra, que deu lugar a longo prazo batalla do Ebro desenvolvida dende o [[25 de xullo]] ao [[16 de novembro]] de 1938, e na cal a República se xogaba o seu prestixio internacional, a súa capacidade de resistencia e a posibilidade de poder dar un xiro favorable ao curso da guerra.
 
Trala caída de [[Cataluña]], en febreiro de [[1939]], pasou a [[Francia]] e logo dunha breve estancia neste país o [[Servizo de Emigración dos Republicanos Españois]] (SERE) abooulle a pasaxe para trasladarse a [[Bos Aires]] ([[Arxentina]]). Pouco tempo despois o goberno de [[Bolivia]] ofreceulle a posibilidade de que organizase e dirixise a cátedra de Historia Militar e Arte da Guerra na súa Escola de Estado Maior, tarefa esta que desenvolveu entre [[1943]] e [[1945]], séndolle recoñecido o seu emprego de xeneral do Exército español e condecorado co máximo galardón.
 
En febreiro de [[1957]] regresou a España, grazas ás xestións dun xesuíta que coñeceu durante a súa estanciaestadía en Bolivia e avalado tamén polo bispo de Cochabamba, antigo capelán [[castrense]] ás ordes de Rojo. Aínda que ao principio non foi molestado polas autoridades franquistas, o [[16 de xullo]] de 1957 o ''Xulgado Especial para os Delitos de Espionaxe e Comunismo'' comunícalle que é procesado polo delito de ''rebelión militar'', na súa calidade de ex-comandante do Exército, paradoxalmente polo feito de non rebelarse contra o goberno lexítimo da República. Ao parecer a súa volta non gustara a certos sectores militares, polo que [[Francisco Franco|Franco]] tivo que resolver a situación dun xeito salomónicasalomónico: Rojo sería condenado e despois indultado.
 
Escribiu varios libros, onde se recollen as súas experiencias militares na guerra civil, así publicou ''¡Alerta los pueblos!'' (1939), ''¡España heroica!'' (1961) e ''Así fue la defensa de Madrid'' (1967).
 
Vicente Rojo faleceu en Madrid o [[15 de xuño]] de [[1966]]. As axencias de prensa deron de forma moi concisa a noticia, os diarios ''ABC'' e ''XaYa'' lembraron o seu grao de xeneral e unicamente o diario ''OEl Alcázar'', órgano dos ex-combatentes franquistas, destacou o prestixio de que gozaba entre os militares pola súa capacidade profesional.
 
[[Categoría{{DEFAULTSORT:Militares de España|Rojo Lluch, Vicente]]}}
[[Categoría:Militares de España]]
 
{{Link FA|es}}