Historia de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: is:Saga Englands
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pl:Historia Królestwa Anglii; cambios estética
Liña 1:
{{Historia en progreso}}
 
== Gran Bretaña prerromana ou prehistórica ==
Os primeiros habitantes de [[Inglaterra]] foron pequenas tribos de cazadores. Durante a [[Idade de Pedra]] chegaron vagas de novos pobos á illa (contra o ano [[4000 a. C.]]). Estes desenvolveron unha cultura agrícola no sur e construíron os enormes monumentos de [[Stonehenge]] e [[Avebury]]. A partir do ano 800 a. C., durante a [[Idade de Bronce]], os [[celta]]s invadiron Inglaterra. Grazas ao seu superior armamento someteron aos habitantes indíxenas. Por un lado, introduciron o [[gaélico]] e o [[bretón]], que aínda se fala hoxe en rexions das illas británicas. E por outro lado, introduciron mudanzas no arado e no cultivo. Os seus sacerdotes, os druidas, dominaban a sociedade.
 
== Britania romana ==
[[Ficheiro:Hadrian's wall.jpg|thumb|230px|A [[Muralla de Hadriano]], no norte da Inglaterra.]]
Roma invadiu a illa no ano 43 d.C., e só tardou sete anos en vencer a resistencia dos indíxenas e controlar a maior parte do territorio. As tribos escocesas e galesas foron os pobos máis resistentes á conquista, e para os conter construiuse a [[Muralla de Hadriano]] no norte de Inglaterra (123 d. C.). Os romanos levaron estabilidade, calzadas pavimentadas, e o cristianismo. Aínda así, a romanización só se manifestou nalgunhas cidades, o resto do campo mantivo a cultura celta.
Contra o 409, Roma abandonou Britania, no ocaso do seu imperio. Os anglosaxóns, que ocuparon o país tras a retirada romana, ignoraron as cidades, illaron o cristianismo en Gales e deron os seus propios nomes ás vías romanas.
 
== Invasións anglosaxoas ==
Debido á falta de administradores [[roma]]nos, os xefes britanos, nominalmente cristiáns, gobernaron pequenos e inestables reinos e mantiveron algunhas das tradicións romanas de goberno. Xa a partir do século V, tribos de bárbaros anglos, xutos e saxóns comezaron a introducirse no baleiro deixado polos romanos, absorbendo aos celtas. Nesa época desenvolvéronse unha serie de reinos de taifas anglosaxóns. Cara o século VII había sete reinos xermánicos: Northumbia, Mercia, East Anglia, Essex, Wessex, Sussex e Kent, que comezaban a ter unha vaga noción de nacionalidade conxunta. As lendas posteriores sobre un heroe chamado [[rei Arturo|Arturo]] sitúanse neste convulso período.
 
== Heptarquía anglosaxoa ==
 
 
== Invasión normanda ==
[[Ficheiro:Bayeux Tapestry WillelmDux.jpg|thumb|220px|Escena da [[batalla de Hastings]] (1066), na [[tapizaría de Bayeux]].]]
Guillermo de Normandía chegou ás costas do sur de Inglaterra en [[1066]] cun exército de 12.000 homes. Na [[batalla de Hastings]] derrotou o seu rival polo trono e proclamouse rei, fundando a dinastía normanda. O feudalismo normando converteuse na base da redistribución da terra entre os conquistadores e na Inglaterra xurdiu unha nova aristocracia e unha renovada estrutura social e política. Con [[Esteban de Blois]] (1135-1154) finalizou a dinastía normanda. Este período caracterizouse polas loitas con Francia e pola alianza de poder coa Igrexa.
 
== Dinastía Plantagenet ==
Durante aquel caótico período as relacións internacionais estiveron presididas polas constantes guerras con [[Francia]] e [[Escocia]], e malia a conquista de [[Irlanda]] por [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]] (1172) e a anexión de [[Aquitania]] trala súa voda coa princesa Leonor, [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]], primeiro rei Plantagenet, sumiu o país na ruína co seu ambicioso soño de dominar Sicilia e Alemaña. A nobreza, encabezada por Simón de Monfort, conde de Leicester, limitaron ainda máis a súa autoridade, e só despois da derrota da nobreza en Evesham puido recobrar privilexios e retornar a estrutura da "Carta Magna".
 
Liña 26:
Por outra parte, a longa loita pola conquista de Gales xa concluíra (Eduardo I) en [[1284]], ano en que os Estatutos de Gales, dividido en condados, sancionaron o sometemento do país, creándose o título de "Príncipe de Gales" para o herdeiro da coroa inglesa.
 
== Guerra dos Cen Anos ==
Durante o reinado de Eduardo III (1327-1377), realizouse con toda virulencia o enfrontamento con Francia, eterno rival que alimentaba desde había tempo o seu rancor polos enfrentamentos do pasado e pola dominación inglesa da coroa de Francia trala morte sen descendencia de [[Carlos IV de Francia|Carlos IV]] (rama dos Capeto).
 
A guerra durou cento vinte anos e coñeceu distintas fases. Ao principio os ingleses obtiveron grandes vitorias e anexionaron [[Calais]], o condado de Poiton e fixéronse coa plena soberanía de [[Aquitania]]. Pero, axiña os franceses aproveitaron a intervención de Eduardo, a favor de Pedro o Cruel, no conflito interno do reino de Castela e León e recuperaron os territorios perdidos, agás [[Calais]], [[Baiona - Bayonne|Baiona]] e [[Bordeos]].
 
== Guerra das Rosas ==
 
=== Cronoloxía dos reis de Inglaterra ===
 
{{Crono reisdeinglaterra}}
Liña 59:
[[nl:Geschiedenis van Engeland]]
[[no:Englands historie]]
[[pl:Historia Królestwa Anglii]]
[[pt:História da Inglaterra]]
[[ro:Istoria Angliei]]