Batalla de Arfderydd: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''Batalla de Arfderydd''' (tamén coñecido como '''Arderydd''') tivo lugar, segundo os [[Annales Cambriae]], en [[573]]. Os exércitos que se enfrontaban son citados de forma diversa en varias fontes [[galés antigo|galesas antigas]], cousa que suxire que había un número de exércitos aliados. Os principais adversarios semella que foron [[Gwenddoleu ap Ceidio]] e mais ou os príncipes irmáns, [[Peredur]] e [[Gwrgi]], ou o rei [[Riderch I de Alt Clut|Riderch Hael]] de [[Reino de Strathclyde|Strathclyde]]. Gwenddoleu foi derrotado e as súas tropas aniquiladas. O seu [[bardo]], [[Lailoken]], volveuse tolo e botou a correr cara ao bosque. Probabelmente sexa a orixe do personaxe [[materia de Bretaña|artúrico]], [[Merlín]].
 
Nun manuscrito que data de finais do século XV, unha historia chamada 'Lailoken and [[Mungo|Kentigern]]' sitúa a batalla na chaira entre [[Liddel]] e [[Carwannok]]. Isto pénsase que está en [[Arthuret]], preto de [[Longtown, Cumbria|Longtown]], en [[Cumberland]] (agora [[Cumbria]]).