Rafael Sánchez Ferlosio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Paradanta (conversa | contribucións)
Fontes: wiki en castelán e ligazón externa sinalada.
Liña 1:
'''Rafael Sánchez Ferlosio''', nado o [[4 de decembro]] de [[1927]] en [[Roma]] ([[Italia]]), é un escritor español, [[Premio Cervantes]] no [[2004]] e [[Premio Nacional das Letras Españolas]] no [[2009]]. A súa obra máis coñecida é ''[[El Jarama]]'' ([[1955]]), manifestación eminente da estética do [[realismo]].
 
==Biografía==
 
Fillo do tamén escritor e corresponsal do xornal ABC en Roma [[Rafael Sánchez Mazas]] (coñecido falanxista cuxo frustrado fusilamento na [[Guerra Civil española]] foi novelado por [[Javier Cercas]] en ''[[Soldados de Salamina]]''), doutorouse en [[Filosofía]] e Letras pola [[Universidade Complutense]] de [[Madrid]]. Neses anos universitarios conformou xunto con outros escritores novos coma [[Ignacio Aldecoa]] ou [[Carmen Martín Gaite]] (con quen casou no [[1954]], divorciándose no [[1970]]), a chamada [[Xeración do 50]] ou [[Xeración dos nenos da guerra]], unidos pola amizade e por unha actitude fortemente politizada.
 
Desenvolveu tamén unha intensa actividade xornalística, colaborando cos xornais Arriba, ABC, El País e Diario 16.
 
Sempre salientou polas súas posturas críticas, expresadas con toda claridade, en temas sociais e políticos. Opúxose publicamente á [[Guerra do golfo]] e á de [[Iraq]] e cualificou as celebracións do quinto centenario do descubrimento de [[América]] como "indigno festival".
 
Actualmente reside en Madrid.
 
==Obras==
 
* ''Industrias y andanzas de Alfanhui'' (1951)
 
* ''[[El Jarama]]'' (1955). [[Premio Nadal]]. [[Premio da Crítica]].
 
* ''Y el corazón caliente'' (1961)
 
* ''Dientes, pólvora, febrero'' (1961)
 
* ''Las semanas del jardín'' (1974)
 
* ''Mientras no cambien los dioses, nada ha cambiado'' (1986)
 
* ''El testimonio de Yarfoz'' (1986)
 
* ''Campo de Marte'' (1986)
 
* ''La homilía del ratón'' (1986)
 
* ''Vendrán más años malos y nos harán más ciegos'' (1993). [[Premio Nacional de Ensayo español]]. [[Premio Ciudad de Barcelona]].
 
* ''Esas Yndias equivocadas y malditas'' (1994).
 
* ''El alma y la vergüenza'' (2000)
 
* ''La hija de la guerra y la madre de la patria'' (2002)
 
* ''Non Olet'' (2003)
 
* ''El Geco'' (2005)
 
* ''Glosas castellanas y otros ensayos'' (2005)
 
* ''Sobre la guerra'' (2007)
 
* ''God & Gun. Apuntes de polemología'' (2008)
 
* ''Guapo y sus isótopos'' (2009)
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). ''Literatura española''. Ed. Anaya.
 
===Ligazóns externas===
 
* http://www.biografiasyvidas.com/biografia/s/sanchez_ferlosio.htm
 
{{DEFAULTSORT:Sanchez Ferlosio, Rafael}}