Albarellos, Albarellos, Monterrei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Lugar |nome = Albarellos |imaxe = Albarellos, Monterrei, Galiza.jpg |lenda = Casa con escudo en Albarellos |parroquia = Albarellos |concello = Mon..."
 
Xas (conversa | contribucións)
formato
Liña 8:
|poboación = 519
}}
O lugar de '''Albarellos''' é a capital administrativa do concello de [[Monterrei]]. Está situado no fondo do [[Val de Monterrei|val de Monterrei]], á beira do [[Río Rubín|río Rubín]], a unha altitude duns 400 m. Albarellos é o único núcleo da parroquia de [[Albarellos, Monterrei|Santiago de Albarellos]]. En 1795 sitúase na xurisdición do conde de Monterrei, con alcaldes ordinarios<ref>Echard, L.; Vegas, A.: ''Diccionario geográfico universal''. Tomo I. Madrid, 1795.</ref>, e en 1834 atribúenselle 263 habitantes <ref>S.B.M.F.C.L.D.: ''Diccionario Geográfico Universal dedicado a la Reina Nuestra Señora''. Vol. I. Barcelona, 1834.</ref>.
 
Albarellos ocupa o espazo de transición entre o val e o [[Monte das Melas|monte das Melas]]. O asentamento ocupa 22,39 has., das que 7,79 corresponden ao seu núcleo tradicional. Ten 382 vivendas, do que resulta unha densidade de 23,40 viv./ha<ref>[http://www.ine.es INE]</ref>. No seu territorio agrícola predominan os viñedos, que ocupan terreos sen relevo destacable. A súa morfoloxía foi desfigurada por unha recente concentración parcelaria<ref>[http://mediorural.xunta.es Consellería de Medio Rural]</ref>. Está separado do núcleo polo este polo río Rubín e polo trazado da variante da estrada N-525.
 
==Morfoloxía==
===O núcleo tradicional===
 
==O núcleo tradicional==
 
O núcleo tradicional de Albarellos é compacto de nidio, como adoitan ser na comarca. Ten unhas dimensións duns 440 m (N-S) por 330 m (E-O). Está atravesado de noroeste a sueste pola [[Vía da Prata]] do [[Camiño de Santiago|camiño de Santiago]], que ven de [[Monterrei]] e continúa cara ao [[alto das Estibadas]]. De Albarellos saen tamén camiños que levan á [[A Caridade, Flariz, Monterrei|Caridade]], á [[A Salgueira, Vilaza, Monterrei|Salgueira]] e a [[Vilaza, Vilaza, Monterrei|Vilaza]]. O Camiño de Santiago ven bordeando o val, atravesa o río Rubín pola ponte Pequena e entra no núcleo para ir atopar o que ven dende Vilaza na praza Ángel Medeiros. Alí continúa cara a [[Infesta, Infesta, Monterrei|Infesta]] (rúa Central) cruzando a estrada vella (rúa do Progreso).
 
Ao incorporarse o Camiño ao núcleo convértese nunha rúa pechada pola edificación en ringleira. Os crecementos históricos seguen a traza do Camiño en dirección a Infesta e tamén arredor do punto onde se atopan os catro camiños que desembocan en Albarellos. O núcleo tradicional desenvólvese en dous barrios principais, aínda que se poden distinguir aglomerados menores dentro de cada un, especialmente no nacemento dos camiños e na cabeceira da ponte vella. O barrio do sur é o de maior tamaño e o máis compacto, e probablemente trátase do aglomerado de máis antiga formación. O barrio do norte ten unha configuración sensiblemente lineal, disponse ao longo do camiño que se dirixe a Infesta, formando o seu principal aglomerado arredor da igrexa parroquial. Separan estes dous barrios as grandes hortas de dous pazos e os terreos do igrexario.
 
===O crecemento urbano===
 
A construción da vella estrada Nacional no século XIX ten servido de soporte para un novo aglomerado lineal duns 480 m ao norte da ponte. Este crecemento conformou unha rúa-corredor (rúa do Progreso) que deu lugar a tipoloxías entre medianeiras con horta ou curral traseiros. Na outra banda da ponte da estrada este crecemento, duns 270 m, preséntase menos consolidado e menos compacto. Os puntos de contacto entre estes novos agregados e o núcleo tradicional foron quen de xerar un certo crecemento en mazás pechadas e dar continuidade á malla existente. Asemade, entre as traseiras dos novos edificios e o río creáronse novos espazos representativos e de lecer que atraeron máis adiante os edificios de uso administrativo ou dotacional.
 
A arquitectura deste novo tecido difire da tradicional na súa concepción funcional, afastada do traballo do campo, e na súa inspiración académica, representativa dun status social burgués.
 
===O crecemento difuso===
 
Na saída cara a Verín, ao longo da rúa do Progreso, o crecemento iniciado no século XIX viuse continuado nas últimas décadas por unha sucesión de vivendas unifamiliares espalladas de xeito descontinuo no seu extremo máis próximo á nova variante da estrada Nacional. A partir da glorieta de conexión coa N-525, en dirección a Verín, abondan máis os edificios industriais e hostaleiros que os residenciais. Estes novos crecementos non son quen de xerar tecido nin espazos públicos. A saída cara ao norte pola estrada vella figura na foto de 1956 como na actualidade, coa excepción dunhas poucas casas illadas.
 
O acceso rodado ao núcleo faise principalmente pola rúa do Progreso, dende a estrada N-525, e pola estrada que ven de Vilaza e conecta coa autovía A-52. A estrada que leva a Infesta tamén é apta para o uso de vehículos.
 
==Lugares e Parroquias==
=Referencias=
===Lugares de Albarellos===
{{referencias}}
{{Lp Albarellos, Monterrei}}
===Parroquias de Monterrei===
{{Monterrei}}
 
==Notas==
<references />