Diferenzas entre revisións de «Décimo (imposto)»

m
bot Engadido: als:Zehnten; cambios estética
m (bot Engadido: oc:Dèime)
m (bot Engadido: als:Zehnten; cambios estética)
'''Décimo''' (do lat. decìmus/decùmus,a,um 'décimo, décima parte') significa ''a décima parte'' de algo, paga voluntariamente ou a través de [[taxa]] ou [[imposto]], normalmente para axudar organizacións relixiosas [[xudaísmo|xudaicas]] ou [[cristianismo|cristiás]]. Apesar de actualmente estar asociada à [[relixión]], moitos [[rei]]s na antiguedade esixían o décimo de seus povos.
 
Hoxe, os décimos son normalmente voluntarios e pagos en [[diñeiro]], [[cheque]] ou [[acción|accións]]s, mentres que historicamente eran pagos na forma de bens, como con produtos agrícolas. Algúns países europeos permiten con forza de lei que institucións relixiosas cobren o décimo como obrigatorio. En España foi abolido por lei en 1847.
 
== Na Idade Media ==
Na Idade Media, os labregos entregaban un décimo das suas colleitas e os traballadores da súa produción. Estes dereitos foronse recortando en beneficio do reino, que se foi apropiando de partes deste imposto. No [[reino de Castela]] existia, alén do décimo, outro imposto relixioso, o [[Voto de Santiago]].
 
== O décimo relixioso ==
=== Orixe ===
O décimo nas relixións abrahámicas foi instituído na Lei de Moisés, estipulado para manter os sacerdotes e a tribo de [[Levi]], que mantiña o Tabernáculo e despois o Templo, xa que eles non podian posuír herdades e territorios como as outras tribos. Estes cartos tamén se usaban para asistir a orfos, viúvas e pobres. Despois da destrución do Templo no ano 70 DC, a clase sacerdotal e os sacrificios foron desmantelados, asi que os [[rabino]]s pasaron a recomendar que os xudeus contribuisen en obras caritativas.
 
O Papa [[Bieito XVI]] extinguiu o termo "décimos" do quinto Mandamento da Igrexa, conforme o Compendio do [[Catecismo]] da [[Igrexa Católica]] promulgado por el o [[28 de xuño]] de [[2005]]. O Quinto Mandamento agora é asi: "Atender às necesidades materiais da Igrexa, cada cal segundo as súas propias posibilidades".
 
=== Décimos e décimo ===
Até hai ben pouco tempo, o quinto Mandamento da Igrexa Católica era: "Pagar décimos conforme o costume". Aqueles "décimos" sen artigo definido ("o" dícimo) nunca representaron a décima parte; por convención, reforzada pola expresión "conforme o costume", enténdese en realidade toda a recadación da parroquia como sempre o foi, ou sexa, dereitos de estola ou dereitos de pé de altar ou décimos directos, benes.
 
=== Cando terminou o décimo? ===
Acabou con Xesús que, como Sacerdote segundo a orde de Melquisedec, abrogou o sacerdocio levítico, ou sexa, todos os seus sacrificios, décimos, leis e prácticas habituais; segundo explica o propio [[San Paulo]]: salvo que sexa o sacerdocio, é necesario que se mude tamén a lei. (Hebr VII, 12)
 
== Véxase tamén ==
* [[diñeiro]]
* [[zakat]]
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.paginaoriente.com/catecismo/cincomandamentos.htm Os Mandamentos da Igrexa - onde o Papa Bento XVI extinguiu o termo dícimos]
* [http://web.archive.org/web/20051230172809/http://protestantes.renascebrasil.com.br/e_dizimo.htm Projeto Renasce Brasil - A entrega do dícimo non é dar 10% mas si un terzo dos 10%!]
* [http://portoghese.lanuovavia.org/portoghese_faq_decima_01.htm Portal Novo Caminho - Estudo "Um Cristão deve pagar o dízimo?"]
* [http://www.jesusvoltara.com.br/info/dizimo.htm Portal JesusVoltara - Breve estudo sobre o dícimo]
* [http://www.paginaoriente.com/livro/artigoix.htm Dícimos - artigo católico - Libro oriente]
 
[[Categoría:Relixión]]
[[Categoría:Impostos]]
 
[[als:Zehnten]]
[[an:Dezima]]
[[bg:Десятък]]
76.169

edicións