Luis Martín-Santos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
iw correcta
Cambios baseados na bibliografía e na ligazón externa amosadas
Liña 1:
'''Luis Martín-Santos''', nado en [[Larache]] ([[Marrocos]]) o [[11 de novembro]] de [[1924]] e finado en [[Gasteiz]] o [[21 de febreiro]] de [[1964]], foi un médico psiquiátrico e escritor en lingua castelá.
 
A súa novela máis coñecida é ''[[Tiempo de silencio]]'' (1961), obra de denuncia social cunha valente renovación estilística. A trama trancorre en [[Madrid]] no outono de 1949 e o autor amosa, con fina ironía, o panorama das clases sociais da cidade.
 
Postumamente publicáronse varios relatos seus en ''Apólogos'' (1970) e a súa inacabada novela ''Tiempo de destrucción'' (1975).
 
==Biografía==
Como médico psiquiátrico dirixiu o Sanatorio Psiquiátrico de [[Donostia]], cidade na que residiu a maior parte da súa vida, e publicou os ensaios ''Dithey, [[Jaspers]] y la comprensión del enfermo mental'' (1955) e ''Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial'' (1964).
 
Aos cinco anos trasladouse a [[Donostia]], onde o seu pai (médico militar), fora destinado. Cursou Medicina en [[Salamanca]] e doctorouse en [[Madrid]] no [[1947]]. Especializouse en [[Psiquiatría]], tanto en [[Madrid]] coma na [[Alemaña]]. Á súa volta consegue o posto de director do Centro Psiquiátrico de Donostia, sendo frecuentes as súas estancias en Madrid, onde conta con amigos coma [[Sánchez Ferlosio]] ou [[Juan Benet]].
Tamén tivo unha salientable actividade política, chegando a ser membro do Comité Executivo do daquela clandestino [[Partido Socialista Obrero Español]].
Tamén tivo unha salientable actividade política, chegando a ser membro do Comité Executivo do daquela clandestino [[Partido Socialista Obrero Español]], circunstancia pola cal foi detido en varias ocasións.
 
Finou nun accidente de automóbil en 1964.
 
==Obras de [[Psiquiatría]]==
 
 
* ''Dithey, [[Jaspers]] y la comprensión del enfermo mental'' (1955)
* ''Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial'' (1964).
 
==Obras literarias==
 
* ''[[Tiempo de silencio]]'' ([[1961]])
 
* ''Apólogos'' ([[1970]]), póstuma
 
* ''Tiempo de destrución'' ([[1975]]), póstuma e inacabada.
 
==Bibliografía==
 
* Lázaro, F. e Tusón, V. ([[1982]]). ''Literatura Española''. Ed. Anaya
 
 
==Ligazóns externas==
 
* http://www.lecturalia.com/autor/1033/luis-martin-santos
 
 
 
[[Categoría:Escritores en lingua castelá|Martin-Santos]]