Almassora: Diferenzas entre revisións

Municipio da Comunidade Valenciana
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución e adaptación do texto en castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2010 ás 14:16

Almassora ou Almazora[1] é un municipio da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Castelló. Forma parte da comarca da Plana Alta. En 2009 contaba cunha poboación de 24.963 habitantes segundo o INE.

Vista aérea do casco urbán de Almassora

O concello, situado a beiras do río Millars, está a carón da costa mediterránea. Limita cos concellos de Castelló de la Plana, Vila-real, Onda e Borriana.

A principal actividade económica está relacionada coa industria cerámica de pavimentos e revestimentos cerámicos e un amplo sector de servizos para a cerámica; séguelle o sector da construción e a agricultura de cítricos en plena transformación varietal.

Referencias

  1. Almassora é o topónimo en valenciano e Almazora é o topónimo en castelán. Ambos son oficiais.

Ligazóns externas