Braquiópodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SassoBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: simple:Brachiopod
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Brachiopoda; cambios estética
Liña 24:
|-----
|
* '''Subfilo [[Linguliformea]]'''
* '''Subfilo [[Craniformea]]'''
* '''Subfilo [[Rhynchonelliformea]]'''
|}
 
Liña 32:
 
 
== Características ==
 
O [[Phylum]] dos ''Braquiópodos'' está composto na actualidade por 3 [[clase]]s e ao redor de 4.000 especies vivas, sendo este grupo moito máis abundante no pasado (dende o Cámbrico, hai uns 600 m.a. ata o [[terciario]]) atopándose máis de 30.000 especies [[Fósil|fósiles]] xa que as súas cunchas fosilizan moi ben, non así os tecidos brandos do interior. Na actualidade teñen unha distribución irregular por todo o planeta.
 
As principais características do grupo dos braquiópodos pódense resumir nos seguintes puntos:
# Son animais que posúen unha cuncha bivalva segregada polo [[manto]].
# Teñen un lófoforo formado por tentáculos [[Cilio|ciliados]] que orixina sucos que levan o alimento á [[boca]].
# O celoma esta formado por tres compartimentos: [[protocele]], [[mesocele]] e [[metacele]].
# As [[gónada]]s, normalmente 4 parellas, son sinxelas formadas a partir das células peritoneais.
# Os animais están ancorados ao substrato por medio dun [[pedúnculo]].
# A excreción realízase mediante un ou dous pares de [[metanefrídio]]s
# O [[aparato circulatorio]] e aberto, contendo unha bolsa cardíaca pulsátil.
# O [[desenvolvemento embrionario]] comeza por unha [[segmentación radial]] e holoblástica.
 
== Anatomía ==
Os braquiópodos presentan as seguintes características anatómicas:
* O [[sistema nervioso]] non está moi ben desenvolvido. Algúns semellan telo no interior da [[epiderme]] e outros baixo ela. Consta dun anel nervioso periesofáxico conectado ó ganglio subesofáxico, do que saen nervios cara o manto, co supraesofáxico do que saen o [[nervio]]s que percorren os lofóforos.
 
* O [[sistema circulatorio]] amosa dous líquidos que interveñen na circulación: o [[sangue]] e o líquido do celoma. O sangue contén [[hemeritrina]] que é un pigmento respiratorio que axuda a recoller e liberar [[osíxeno]]. O líquido do celoma circula grazas a acción duns cilios e flaxelos situados no [[peritoneo]]. Existe unha vesícula pulsátil que latexa lentamente e que está no vaso medio dorsal. Este vaso se divide en ramas que chegan ata cada tentáculo
 
* O [[aparato dixestivo]] é máis ben sinxelo, comezando na boca a que chegan as partículas de alimento englobadas nun mucus. O alimento continúa polo [[esófago]] e mediante movementos peristálticos chega ao [[estómago]] que ten sobre a súa parede un [[fígado]]. A continuación hai un [[intestino delgado]] que remata nun [[cego]] ou as veces nun [[Ano (bioloxía)|ano]].
 
* O [[Excreción|aparato excretor]] formado por [[nefridio]]s do tipo metanefridio que fan tamén o papel de [[gonoducto]]s . Os nefrostosmas están suxeitos ao tubo dixestivo e a parte tubular do nefridio remata nun [[nefridióporo]].
 
* Teñen [[músculo]]s [[Músculo adutor|adutores]] que están unidos a ambas cunchas e que serven para pechalas. Para abrir a cuncha interveñen os músculos [[Músculo abdutor|abdutores]]. Tamén existe uns músculos pedunculares (dorsal e ventral) que serven para inclinar a cuncha respecto do pedúnculo.
 
== Reprodución ==
Estes animais son xeralmente [[dioico]]s, formándose os gametos a partir do peritoneo en 4 pares de gónadas. Os gametos so expulsados polos nefridios ao exterior producíndose a incubación no mar ou en ocasións na [[cavidade paleal]], no nefridio ou incluso no lofóforo.
 
== Véxase tamén ==
 
=== Outros artigos ===
{{Wikispecies|Brachyopoda}}
{{Commons|Brachiopoda}}
 
 
=== Bibliografía ===
* Meglitsch, P.A ''Zoología de invertebrados'', 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 748-758 ISBN 84-368-0316-7
 
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ucmp.berkeley.edu/brachiopoda/brachiopoda.html UC-Berkeley Museo de Paleontoloxía] {{en}}
* [http://www.palaeos.com/Invertebrates/Lophotrochozoa/Brachiopoda/E0A0E0Brachiopoda.htm Palaeos Brachiopoda] {{en}}
Liña 89:
[[es:Brachiopoda]]
[[et:Käsijalgsed]]
[[eu:Brachiopoda]]
[[fa:بازوپایان]]
[[fi:Lonkerojalkaiset]]