Luis Martín-Santos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Nova páxina: "Luis Martín-Santos (Larache, Marrocos, 1924 - Gasteiz, Euskadi, 1964) foi un escritor e médico psiquiátrico español. A súa novela máis coñecida é "Tiempo de silencio" (Seix B..."
 
Paradanta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Luis Martín-Santos (Larache, [[Marrocos]], [[1924]] - [[Gasteiz]], [[Euskadi]], [[1964]]) foi un escritor e médico psiquiátrico español. A súa novela máis coñecida é "Tiempo de silencio" (Seix Barral, 1961), maxistral obra na cal a denuncia social combínase cunha valente renovación estilística. A trama trancorre en [[Madrid]] no outono de 1949 e o autor amósanos, con fina ironía, o panorama das clases sociais da cidade.
 
Postumamente publicáronse varios relatos seus en "Apólogos" (1970) e a súa inacabada novela "Tiempo de destrucción" (1975), ambos os dous publicados tamén por Seix Barral.
 
Como médico psiquiátrico dirixiu o Sanatorio Psiquiátrico de [[Donostia]], cidade na que residiu a maior parte da súa vida, e publicou os ensaios "Dithey, [[Jaspers]] y la comprensión del enfermo mental" (1955) e "Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial" (1964).
 
A morte chegoulle traxicamente nun accidente de automóbil en 1964.