Espírito Santo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pt:Espírito Santo; cambios estética
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mhr:Шнуй Шӱлыш; cambios estética
Liña 42:
 
O Espírito na vida das Igrexas maniféstase de diversos modos:
* No entendemento das Escrituras que El inspirou
* Na [[Tradición]] que el conduce, especialmente a través dos [[Pais da Igrexa]]
* Na [[liturxia]] que El vivifica
* Na [[oración]] onde se une ao máis íntimo do corazón do crente
* Nos [[carismas]] e ministerios que se poñen ao servizo do Pobo de Deus
 
Na liturxia sacramental existen determinados símbolos que expresan a súa acción:
 
* A auga que limpa a sucidade e é fonte de vida.
* O aceite que alivia as feridas e co cal se unxe ao crente como novo sacerdote, profeta e rei.
* O lume que fai arder os corazóns no amor de Deus.
* A imposición das mans como doazón, acollida e bendición.
 
Na teoloxía ortodoxa, insístese en que a acción do Espírito afirma a liberdade e a '''pluralidade'''; segundo [[Berdiaev]], o Espírito da a cada cristián unha xenialidade que lle é propia. Para [[Olivier Clement]] o Espírito innova en cada un unha existencia persoal afirmando, en e pola comuñón, unha novidade sen precedentes. Fálase da ilimitada diversidade do Espírito.
Liña 69:
Debido a que a crenza no Espírito concíbese como unha experiencia de exultación inefable, para achegarse ao seu sentido místico, resulta imprescindible coñecer como se expresa nos himnos das diferentes Igrexas. O sistema hímnico de [[Bizancio]] é como unha enciclopedia poética de espiritualidade e teoloxía. Así, nos himnos poéticos de [[Simeón o Novo Teólogo]] fálase do Espírito con frases como:
 
* alimento indicible que agroma abundantemente das fontes do corazón
* vestidura esplendente que cobre e protexe
* día sen crepúsculo
* sol sen solpor.
 
Pola súa parte, o cristianismo occidental, expresou experiencias análogas a través do [[canto gregoriano]]. Así, no himno de Pentecoste ''Veni Creator Spiritus'', do século IX, encontramos frases como:
* fonte viva, lume, amor
* dedo da destra do Pai
* acende a luz dos sentidos
* infunde amor aos corazóns
 
Noutro canto titulado ''Veni Sancte Spiritus'', do século XIII, interprétanse sentenzas como:
* pai dos pobres
* donante espléndido
* luz dos corazóns
* Consolador óptimo
* doce hóspede da alma
* doce refrixerio
* descanso no traballo
* calor de vida no xeo
* auga no árido
* lume no frío
 
Probablemente, sexa nestes himnos onde mellor se poida captar o significado dunha crenza alén do frío siloxismo especulativo escolástico, da teoloxía sistemática ou da fenomenoloxía das relixións.
 
{{Link FA|es}}
 
[[Categoría:Cristianismo]]
 
{{Link FA|es}}
 
[[af:Heilige Gees]]
Liña 133:
[[lb:Hellege Geescht]]
[[lt:Šventoji Dvasia]]
[[mhr:Шнуй Шӱлыш]]
[[mk:Свет Дух]]
[[ml:പരിശുദ്ധാത്മാവ്]]