Ennis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Cidade de Irlanda| |nome = Ennis |nome_nativo = Inis |bandeira = |escudo = |lema = |imaxe = Ennis 01.jpg |lenda = A [[St. Peter and St. ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2010 ás 00:53

Modelo:Cidade de Irlanda Ennis (en irlandés, Inis, "isla") é unha cidade do Condado de Clare, na costa Oeste de Irlanda, á veira do Río Fergus e a 241 km de Dublín e 67 km de Galway. O seu nome é unha abreviación do orixinal Inis Cluain Ramh Fhada. A vila de Ennis está situada a apenas 19 km do Aeroporto de Shannon, e a relativa pouca distancia de atraccións turísticas coma os Cantís de Moher ou o Castelo de Bunratty.

En 2006, Ennis tiña unha poboación de 24.253 habitantes, o que o convirte no 11º centro urbán máis grande de Irlanda.

Historia

O nome Ennis ven da palabra irlandesa Inis, que significa unha antiga illa entre os cursos do Río Fergus e onde estaba construída unha abadía franciscana. O pasado de Ennis está asociado á famili O'Brien, que eran descendentes de Brian Boru. Durante o século XII, os O'Brien, que eran Reis de Thomond, deixaron o seu poder en Limerick e construíron unha residencia real en Clonroad, na illa. Durante 1240, o rei Donnchadh O'Brien ordenou a construcción dunha extensión dos dominios da igrexa que logo donaría aos recentemente formados seguidores de S. Francisco. Os séculos que seguiron foron dunha grande actividade.

A vila contén moitas edificacións militares británicas que foron construídos ao longo dos séculos. As áreas de Clare Road e Clonroad conteñen casas adosadas construídas a principios do século XX para vivendas de soldados. En Station Road, houbo unha cadea. Moitos homes de Ennis combatiron co Exército Británico durante a Primeira Guerra Mundial.