Tralee: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Cidade de Irlanda| |nome = Tralee |nome_nativo = Trá Lí |bandeira = |escudo = Tralee coa.gif |lema = Vis Unita Fortior |imaxe = Croppy boy.jpg ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2010 ás 17:18

Modelo:Cidade de Irlanda Tralee (Trá Lí en irlandés), é a capital do Condado de Kerry, en Irlanda, situada ao suroeste da illa. Segundo o censo de 2006, contaba con 22.556 habitantes. Foi fundada polos anglo-normandos no século XII. Atópase a uns 90 km ao noroeste da cidade de Cork. É un centro turístico e industrial, unido ao mar por medio dunha canle. A cidade está emprazada na bahía de Tralee, con vistas ao mar e ás montañas que se extenden cara eo Oeste. Roger Casement (1864-1916), funcionario consular británico, foi capturado en 1916 no forte de McKenna, un terraplén na bahía de Tralee, cando desembarcou alí logo de ter tentado obter axuda dos alemáns polos nacionalistas irlandeses na Primeira Guerra Mundial. Foi executado por traición en Londres. Toma o seu nome do Río Lee, que desemboca na bahía de Tralee. A cidade posúe numerosos monumentos que constitúen a testemuña dos seus máis de oito séculos de historia, coma o Kerry The Kingdom Museum, igrexa de Saint John, o Town Park, o Siamsa Tíre Theatre onde se realizan importantes espectáculos de folclore irlandés. A finais de Agosto, celébrase na cidade o "Rose of Tralee Festival", que é un dos máis importantes de Irlanda no cal participan chicas das comunidades irlandesas de todo o mundo.

Tralee é famosa sen dúbida en toda a illa por albergar o festival "Rose of Tralee", que ten lugar a finais de Agosto, onde se encuentran singulares bandas, baile e a elección da "rosa" da rexión, un bonito concurso de beleza para as rapazas da zona.

O maior atractivo da cidade é o County Kerry Museum, cun bonito parque temático "Kerry, o reino". En Tralee tamén se encontra o teatro Folclórico "Siamsa Tire", en honra ao mellor embaixador da cultura irlandesa. Durante o Verán se celebran representacións de danza e cancións populares.

Á saída de Tralee atópase o "Blennerville Windmill", o meirande muíño do país que ainda segue en funcionamento dende a súa construcción en 1800. Un bonito e pintoresco ferrocarril de vapor une Blennerville e Tralee.

Tralee ademáis constitúe a puerta de entrada á Península Dingle, un dos lugares máis fermos da illa.

A través deste recuncho de Irlanda soían establecerse os principais cauces de comunicación coa Europa Continental. Ao Condado de Kerry se lle coñece coma o "Reino" pola súa tradición independentista e a súa rivalidade cos dublineses. Por outra banda, é a cidade máis hospitalaria de Irlanda, orgullosa de posuír na súa rexión algunhas das paisaxes máis fermosas e espectaculares de Éire.

Á cidade pódese chegar en tren ou autobús dende Cork ou Dublín. Existe tamén un aeroporto no condado, o Aeroporto de Kerry, onde principalmente operan as compañías Ryanair e AerArann. Tamén se encontra preto o Aeroporto de Cork.

Ademáis a cidade de Tralee posúe o seu propio porto, o Fenit Harbour. O seu obxectivo principal é prestar servizos portuarios de flota pesqueira e dispón de instalacións de manipulación de carga industrial. O porto ofrece numerosos atraques para embarcacións de case tódolos tamaños.

A Rosa de Tralee

Si hai un acontecemento especial e importante en Irlanda, é o que sucede cada Agosto na cidade de Tralee, onde cada ano e dende 1959 elíxese á Rosa de entre a comunidad irlandesa de todo o mundo. As candidatas non só deben posuír beleza física senón tamén outras calidades, polo que resulta ser algo máis que un concurso de beleza. O Festival de Tralee inclúe feiras, cabalgadas e concertos e non é só un acontecemento social senón tamén un moi popular, con dous programas de TV na cadena RTÉ nacional que mostrará as "calidades" das candidatas, cuxa Rosa será elixida para representar a belleza nacional, ou descendiente dela.

Clima

As temperaturas máis baixas acádanse nos meses de Decembro e Xaneiro, onde as máximas apenas acadan os 10ºC e as mínimas non baixan dos 5ºC, mentres que os Veráns son moi suaves durante os meses de Xullo e Agosto, con máximas de 18ºC e mínimas de 13ºC. En Inverno a nieve non é frecuente, a excepción dos cumios das montañas do Condado de Kerry, ao suroeste, que sobrepasan os 1.000 metros de altura. É tradición subir ao Carrantuohill, a máis alta (1.040 metros), mais hai que informarse das condicións meteorolóxicas, xa que houbo accidentes a causa de bruscos trocos do tempo. Nas costas suroccidentais, batidas por temporais, hai paisaxes de encanto. David Lean rodou alí, en 1970, A filla de Ryan. O realizador contactou co servizo meteorolóxico para que lle avisaran da chegada dunha potente borrasca que empregou nunhas arrisgadas escenas e chegou a exasperar ao seu equipo: Estiveron encerrados 12 días esperando que parase de chover para rodar un plano de 7 segundos.

Educación

Institute of Technology, Tralee (ITT), é o principal centro de ensino de terceiro nivel situado en Tralee. Conta con dous campus (North Campus) situado en Dromtacker e o (South Campus) situado en Clash. Conta aproximadamente cuns 3.500 estudantes. Ofrece unha ampla gama de cursos e programas coma o Certificado Superior, Licenciaturas e programas de doutorado. O North Campus é un dos edificios máis futurísticos de Tralee. Está en servizo dende 1977.

Ligazóns