José Santiago Crespo Pozo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
arranxiños
Liña 1:
'''José Santiago Crespo Pozo''', nado en [[Redondela]], [[Pontevedra]], o [[8 de xullo]] de [[1909]] e finado en [[Xunqueira de Ambía]], [[Ourense]], o [[10 de novembro]] de [[1978]], foi un escritor [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
Fixo os seus primeiros estudos en [[Vigo]] en colexios dos xesuítas e salesianos. Ingresa logo no convento [[mercedario]] de [[Sarria]], Lugo, no que emite os votos en 1926. Pasou de aí ao mosteiro de [[San Xoán de Poio]], para completar estudos de [[Filosofía]] e [[Teoloxía]]. Profesa a orde sacerdotal en 1931. Dentro da orde mercedaria ostentou postos directivos diversos, tanto en España como en América Latina. Durante a [[Guerra Civil]] ([[1936]]-[[1939]]) foi voluntario nas tropas dos sublevados. Foi membro correspondente de diversas institucións culturais como a Real Academia Galega ou a Real Academia de Historia.
 
Da súa obra escrita cabería destacar os seus estudos de [[Heráldica]], [[Xenealoxía]] e [[Lexicografía]].
 
== Obra publicada (selección) ==
 
*''Santa Trahamunda. Leyenda sacra''. Pontevedra. 1943
*''Ascendencia gallega de Bolívar''. Bogotá. 1953