[[Ficheiro:Estación meteorolóxica GFDL A Estrada.jpg|thumb|250px|Estación meteorolóxica no [[IES]] "M. García Barros" de [[A Estrada]].]]
A '''meteoroloxía''' (do [[Lingua grega|grego]] '''μετέωρο''', ''meteoro'', "partículas en suspensión no alto do ceo" e '''λόγος''', ''logos'', "coñecemento, discurso") é unha [[ciencia]] de tipo [[Interdisciplinariedade|interdisciplinar]] que parte da [[física]], da [[química]] e da [[matemática]] para estudar o [[clima]] e os [[Fenómeno meteorolóxico|fenómenos atmosféricos]], tales como as [[nube]]s, as depresións e as [[precipitación]]s, para comprender como se forman e evolucionan.
A meteoroloxía é unha disciplina que utiliza principalmente a [[mecánica dos fluídos]], aplicada ó [[aire]], pero tamén outras ramas da física, así como da química e a matemática.
ke pasa con tijo rene??? volve a escrivir aljo ais aki si ai juevos!!!
==Fenómenos meteorolóxicos==
Os [[Fenómeno meteorolóxico|fenómenos meteorolóxicos]] (''[[meteoro]]s'') están condicionados polas circunstancias atmosféricas e dependen da [[temperatura]], a [[presión atmosférica]] e o [[vapor de auga]], que interaccionan e mudan co paso do [[tempo]].