Breogán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m elimino frase fóra de contexto e que forma parte dunha opinión illada dentro da comunidade científica como recoñecen os seus autores.
Liña 14:
[[Galiza]] descríbese poeticamente no [[Himno galego]] coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda [[Irlanda|irlandesa]] incorporada no [[século XI]] á compilación [[Leabhar Ghabhála Érenn]] ("Libro das Invasións"), o [[rei]] Breogán, fundador da [[nación]] céltica galega, construíu na cidade de [[Brigantia]] (identificada coa actual [[Coruña]]) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira [[verde]] distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde [[Ith]] sería asasinado. En vinganza, os fillos de [[Mil]], neto de Breogán, saíndo dende [[Brigantia]] chegaron a Irlanda e conquistárona.
 
A visión de Eire explícase tecnicamente como un [[espellismo]] náutico, nomeadamente o efecto [[fada Morgana]]<ref>[http://www.youtube.com/watch?v=7BYA0KfeSE4</ref> Exemplo visual do efecto fada Morgana que os antropólogos da Smithsonian Institution, Bruce Bradley e Dennis Stanford<ref>http://www.neiu.edu/~circill/hageman/anth396/northatlantic.pdf</ref> utilizan para manter a tese do corredor do Atlántico norte a América no solutrense (hai 18000 anos).
 
==Notas==