Thasos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{| class="prettytable float-right" align=right style="width: 300px; font-size: 95%;" |- style="background-color: #aaa; font-size: 110%;" ! colspan="2" | Thasos |- | colspan="2" | |- ..."
 
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: sk:Thasos; cambios estética
Liña 52:
Unha muralla de 4 km. rodeaba, á cidade, á parte baixa próxima ao mar e ás primeiras estribacións da cadea montañosa. Aínda vense restos das antigas murallas no medio de torres construídas polos venecianos.
 
Na parte baixa estaban o porto e o [[ágora]]. Ao oeste achábase o santuario de [[Hércules (mitoloxía)|Heracles]], que segundo [[Heródoto]] II.43 - 44 construíron os fenicios establecidos en Tasos, noticia da que non hai evidencias. Si, identificáronse algúns restos mergullados do porto. O ágora era rectangular, de forma irregular e duns 100 m. de lado. Do [[século VI a.C.|século VI]] - [[século V a.C.|V a.C.]] son as ben conservadas murallas construídas con pedra local e mármore e decoradas as súas numerosas portas con [[Baixorrelevo|baixorrelevobaixorrelevos]]s de carácter mitolóxico, relixioso e [[apotropaico]].
 
Ao oeste do ágora e do [[século IV a.C.|século IV a.C.]] son os propileos, semellantes á [[Stoá]] de [[Zeus]] no ágora ateniense. Do III a.C. é un pórtico erixido no noroeste do ágora de case 100 m. de lonxitude. Seguiron construíndose edificios e monumentos ata o fin do [[helenismo]] e baixo a éxida de [[Roma]].
 
Desafortunadamente, a lista dos [[arconte]]s de Tasos, que figuraba nun edificio público do século IV a.C., no ágora, non se conserva, ao ser destruído o seu emprazamento e reutilizados os materiais para a [[basílica]] paleocristiana.
De carácter comercial, era outro [[pórtico]] do ágora, ao sueste, de 92 m. de longo, complementando ao do noroeste. No lado meridional descubríronse os restos do monumento porticado, dedicado a [[Glauco]], un famoso xeneral tasio, amigo de Arquíloco, e que comandou as forzas tasias contra os tracios.
Achouse o recinto do templo de [[Zeus|Zeus Agoraios]], protector das ágoras, e garante da liberdade de expresión. Tamén se conserva o santuario dedicado ao atleta tasio [[Teógenes]].
O ágora foi pavimentada con mármore no [[século II a.C.|século II a.C.]] Próximo e da mesma época, estaba o [[Odeón]], pequeno teatro circular de 13 m. de diámetro.
 
O primeiro teatro, que databa do [[século V a.C.|século V a.C.]], erixiuse nos outeiros orientais. Desa mesma época é o actor nativo [[Hegemón]], citado por [[Aristóteles]] e a quen atribuíu a invención da parodia. A escena do teatro data do [[século III a.C.|século III a.C.]]
Na acrópole, que os xenoveses fortificaron, estaban os templos de [[Apolo]] e [[Atenea]], e o de [[Pan]], escavado na roca e datado no [[século IV a.C.|século IV a.C.]]
O templo de [[Artemisa]], sobre unha terraza artificial do século V a.C., ao oeste do ágora, foi rodeado por un [[períbolo]] en época helenística. Tamén posuía un períbolo de mármore o de [[Dioniso]] do [[século IV a.C.|IV a.C.]] Hai restos dos monumentos erixidos aos vencedores dos concursos teatrais. Outros templos son o de [[Poseidón]] e o de estilo xónico do deus principal [[Hercules]] e ao que a este daban acceso uns monumentais [[propileos]]. Ao sur do edificio erixiuse no século V a.C., aparte do altar, un tesouro que quizá albergou os [[exvoto]]s dos fieis. Ao oeste do templo, 5 edificios aliñados, e do mesmo século, agás o penúltimo do século VI a.C. e talvez de carácter cultual, estaban precedidos dun pórtico.
O arco de [[Caracalla]] ([[213]]-[[217]]) uniu os espazos do ágora e o templo [[xónico]] de Heracles.
Liña 70:
[[Ficheiro:Hermes Thasos Louvre MA696C.jpg|right|thumb|[[Hermes]] agoraios e as Grazas, relevo do Corredor dos Teoros, no ágora de Tasos. Mármore tracio con trazos de policromía no calzado de [[Hermes]] e ornamentos de bronce (caduceo de Hermes, fíbula), circa [[480 a. C.|480 a.C.]] Inscrición: "Ás Grazas non lles está permitido sacrificar cabras nin porcos".]]
 
== Economía e Historia ==
 
Aparte da súa situación estratéxica, Thasos, fundouse polas súas minas de ouro, prata e cobre, explotadas anteriormente polos [[fenicios]] e sitas entre as poboacións de Eniras e Esiras, na costa sudoriental fronte á illa de [[Samotracia]], minas que non foron localizadas e cuxa concesión tiñan [[Tucídides]], o historiador, e a súa familia. Alí posuíu minas [[Pisístrato]], das que procedía gran parte da súa fortuna. As minas do continente deberon ser máis produtivas que as insulares. As minas do continente foron explotadas nun primeiro momento polos tracios.
Liña 84:
[[Ficheiro:Thassos-Limenas.jpg|thumb|left|Limenas.]]
Nos arredores hai unha estatua do deus [[Pan]] tallada na roca.
Anteriormente a illa foi chamada Aetra e Crise polas súas minas de ouro e foi poboada por fenicios, supostamente por Thasos, fillo de [[Agenor]], que deu nome á illa. Entre o [[720 a. C.|720 a. C.]] e o [[708 a. C.|708 a.C.]] foi poboada por gregos procedentes de [[Paros]] dirixidos por Telesicles, pai do poeta Arquíloco. També vivían na illa os saianos, unha tribo tracia, que se enfrontou aos gregos, pero finalmente estes obtiveron a posesión da illa coas súas minas de Escapta Hyle, e territorios da costa continental coas minas na costa tracia de [[Galepso]], [[Oesyma]], [[Estrime]], [[Datum]] e finalmente (máis tarde) [[Crénidas]]. No [[511 a. C.|511 a.C.]] os [[Mileto|milesios]] establecéronse no río [[Estrimón]] e fundaron a cidade de [[Mircino]] onde tamén se explotaron minas.
 
No [[494 a. C.|494 a.C.]] os [[imperio persa|persas]] ocuparon [[Mileto]] e intentaron someter Thasos sen éxito.
Liña 138:
[[ru:Тасос]]
[[sh:Tasos]]
[[sk:ThassosThasos]]
[[sr:Тасос]]
[[sv:Thassos]]