Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 819:
== alteza ==
Segundo o manual da UDC para o uso da lingua é ''vosa alteza'' ([http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf]), aínda que non é o mesmo as NOMIG recoñecen un posesivo de respeto, ''mi'', que acompaña a madre, padre e outros substantivos de tratamento (amo, señor), así e todo algunhas obras de especialistas, por exemplo a ''Gramática galega'' de Rosario Álvarez, Regueira e Monteagudo fala da existencia de todo un paradigma (mi, tu, su, noso/nosa, voso/vosa, su) deste posesivo de respeto. Habería que mirar máis fontes pero é posible que sexan correctas tanto ''vosa alteza'' como ''a vosa alteza'', pero sempre en minúsculas segundo o regulado polas NOMIG.--[[Usuario:RNC|RNC]] 15:15, 19 xaneiro 2010 (UTC)
:Segundo os textos escritos (e isto é importante xa que non sabemos ata que punto reflicten realmente o que era común na lingua oral, teño por exemplo cartas dos meus avós tratándose de ''usted'', e desde logo na fala nunca tal fixeron) o habitual era empregar vós, aínda así nas propias cantigas hai exemplos nos que os señores tratan os servos de tu. En relación a ''meu señor'' non sei se te refires a frases como esta ''para servizo de meu señor el rei'', aínda que neste caso tamén se podía empregrar ''noso'' (vasalo de noso señor el rei; noso señor o arcebispo de Santiago), e hai algún caso illado con ''nostro'' que polo demais estaba reservado para Deus. Pero se te refires a frases do tipo: ''Queredes algo máis, mi señor'' dubido moito que se empregase a forma meu señor nese contexto.--[[Usuario:RNC|RNC]] 19:53, 19 xaneiro 2010 (UTC)