Tomás de Zumalacárregui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Tomás de Zumalacárregui y de Imaz''' ([[Ormaiztegi]] [[1788]] - [[Zegama]] [[1835]]) coñecido popularmente ''Tío Tomás'', foi un militar [[España|español]] que chegou a xeneral carlista durante a [[Primeira Guerra Carlista]].<br>
Naceu no seo dunha familia moi modesta, penúltimo dos once fillos do matrimonio formado por Francisco Antonio Zumalacárregui Múgica, escribano real, e Ana María Imaz Altolaguirre. Quedou orfo de pai aos catro anos e a súa nai decidiu ir vivir a Iriarte-Erdikoa, onde realizou os seus estudos elementais. En [[1801]] marchou a Idiazábal para formarse na práctica da escribanía e en 1804 instalouse en [[Pamplona]] para proseguir cos seus estudos. <br>
En [[1808]], ao comezar a guerra de independencia marchou a [[Zaragoza]] para alistarse, participou no primeiro sitio da cidade, na [[batalla de Tudela]] e no segundo sitio de Zaragoza, tras ser feito prisioneiro conseguiu escapar, uníndose ao grupo de Gaspar de Jáuregui (El Pastor), pero persoa estrictaestrita e moi relixiosa, non se adaptou á vida desordenada da guerrilla polo que se incorporou ás forzas regulares en canto puido, concretamente ao primeiro batallón de Gipúscoa co rango de oficial, e en 1812 recibiu o grao de capitán. Tras a guerra permaneceu no exército e foi arquiveiro da Capitanía Xeneral do País Vasco.<br>
Home de ideas absolutistas, durante o [[trienio liberal]], foi apartado do servizo activo, púxose ás ordes de Quesada, un dos militares realistas sublevados, combateu cos Cen Mil Fillos de San Luís en Aragón e ascendeu a tenente coronel, tras a restauración de [[Fernando VII]] no trono de España e a volta do absolutismo en 1823 formou parte da comisión militar para a represión dos delitos políticos e en 1829 ascendeu a coronel e en 1832 ocupou o posto de gobernador militar de [[Ferrol]], enfrontado coas autoridades navais da localidade solicitou a licenza ilimitada e marchou a [[Pamplona]].<br>