Sección Femenina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''Sección Femenina''' fai referencia á institución creada en [[1934]], durante a [[Segunda República española]], e que acadaría unha gran relevancia coa transformación do [[España|Estado Español]] nun réxime ditatorial de corte fascista.

==Características==
Era a rama feminina da [[Falange Española]], que foi dirixida dende a súa constitución por [[Pilar Primo de Rivera]], filla do ditador [[Miguel Primo de Rivera]] e irmá de [[José Antonio Primo de Rivera]], fundador da Falange. Compartía tanto os ideais coma a estética con este partido de corte fascista. As figuras de [[Isabel a Católica]] e [[Teresa de Ávila]] foron os [[símbolo]]s escollidos en representación da [[institución]].
 
Ao igual que o [[Auxilio Social]] e a [[Igrexa Católica]], a Sección Femenina tamén xogou un papel fundamental na reeducación e formación cristiá de nenos e mulleres, poñendo de relevo os valores [[Patriotismo|patrióticos]] e [[Cristianismo|cristiáns]], e avogando polo sometemento da [[muller]] á figura do home.