Breogán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m retiro datos históricos xenéticos, non son de Breogán son en todo caso de todo o conxunto da poboación das illas británicas.
RNC (conversa | contribucións)
m marcador de atención, hai unha falta absoluta de referencias, os títulos dos libros na lingua orixinal, o que non quita que na referencia se dea a versión que se consultou (neste caso a castelá)
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Breogán (homónimos)}}
{{atención|Carece de referencias}}
[[Ficheiro:Breogan2.jpg|right|170px]]
'''Breogán''' é un mítico rei [[celtas|céltico]] de [[Galiza]]. Moitas versións existen sobre el, nas que é presentado coma o gran referente mitolóxico da nación galega -en realidade foi o referente das tribos galaicas, o concepto de estado-nación procede do século XIX-. O seu pai é [[Brath (mito)|Brath]], e os seus fillos son [[Ith]] e [[Belenus]], entre outros.
Liña 9 ⟶ 10:
Existe unha [[lenda]] na que se conta que a estirpe de Breogán chega a [[Galiza]] desde [[Exipto]], fuxindo das pragas da época de [[Moisés]]. Con toda probabilidade esta parte da lenda foi creada en tempos [[idade Media|medievais]], cando existía unha gran tradición [[cristianismo|cristiá]], isto é no momento da sua transcripción, séculos XI-XII.
 
O anterior débese contrastar co achádego dun escudo celta en Faiyum, Exipto, tal como nos mostra a obra clásica "LosThe CeltasCelts" de T.G. Powell<ref>Powell, T.G., ''Los Celtas'', páx. 130.</ref>, onde se destaca que existían "mercenarios" celtas en Exipto dende o ano 274 a.C. En realidade os celtas carecían dunha historia escrita, pois a trasmitían oralmente (tamén o facían os gregos ata a compilación dos clásicos), non será ata a chegada do cristianismo a [[Eire]] cando se compile a historia celta en varias obras clásicas. Como indican os datos xenéticos a colonización das illas británicas e irlanda aconteceu despois do último máximo glaciar fai uns 16000 anos no cambio da sociedade de cazadores recolectores a sociedades agrícolas. A lenda tal como a coñecemos hoxe vencellase a chamada cultura dos metais,en especial do bronce atlántico (cando os clásicos gregos falan das illas casitérides).
 
[[Galiza]] descríbese poeticamente no [[Himno galego]] coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda [[Irlanda|irlandesa]] incorporada no [[século XI]] á compilación [[Leabhar Ghabhála Érenn]] ("Libro das Invasións") o [[rei]] Breogán, fundador da [[nación]] céltica galega, construíu na cidade de [[Brigantia]] (identificada coa actual [[Coruña]]) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira [[verde]] distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde [[Ith]] sería asasinado. En vinganza, os fillos de [[Mil]], neto de Breogán, saíndo dende [[Brigantia]] chegaron a Irlanda e conquistárona.