Breogán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m retiro datos históricos xenéticos, non son de Breogán son en todo caso de todo o conxunto da poboación das illas británicas.
Liña 12:
 
[[Galiza]] descríbese poeticamente no [[Himno galego]] coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda [[Irlanda|irlandesa]] incorporada no [[século XI]] á compilación [[Leabhar Ghabhála Érenn]] ("Libro das Invasións") o [[rei]] Breogán, fundador da [[nación]] céltica galega, construíu na cidade de [[Brigantia]] (identificada coa actual [[Coruña]]) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira [[verde]] distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde [[Ith]] sería asasinado. En vinganza, os fillos de [[Mil]], neto de Breogán, saíndo dende [[Brigantia]] chegaron a Irlanda e conquistárona.
 
== Datos histórico-xenéticos ==
{{Atención|Este non é o artigo acaído para esta información}}
[[Ficheiro:Distribution Haplogroup R1b Y-DNA.svg|300px|thumb|Distribución do haplogrupo R1b ]]
Bryan Sykes (profesor de xenética humana no Instituto de Medicina Molecular da Universidade de Oxford, Decano do Wolfson College (Oxford) e fundador da empresa Oxford Ancestors) publicou no ano 2006 o libro "The Blood of the Isles", onde sobre a base do ADN de 10.000 voluntarios elaborou o mapa xenético de Eire e Inglaterra, mostrando a vinculación xenética da poboación con devanceiros provintes da [[Península Ibérica|península ibérica]].<ref>Sykes, Bryan (2006).</ref>
 
Spencer Wells na súa obra "''Nuestros antepasados''" publicado en castelán no 2007 (director do proxecto "Genographic" de National Geographic), estableceu a dominancia dos marcadores xenéticos do ADN mitocondrial na península ibérica -en [[Galiza]]-, haplogrupos R1b, I1a, dende hai 16.000 anos (no último máximo glaciar) e a súa posterior extensión ao noroeste de Europa (isto é a liña materna da árbore do ADN). Na mesma obra dentro do estudo da árbore do cromosoma Y, o marcador M173 refire a mesma historia, sendo dominante na península Ibérica -en Galiza- e nas Illas británicas.
 
Estas dúas obras concordantes nos resultados, danlle verosimilitude ás obras clásicas do [[século XI|XI]] é [[século XII|XII]] que compilaban as sagas irlandesas, como as obras historiográficas sobre as tribos galaicas e as súas tradicións até a conquista romana. E ambas obras falan dunha repoboación por homes e mulleres provintes da península ibérica despois do último máximo glaciar. Así mesmo son un reforzo para os historiadores que defenden as teses da sociedade do Bronce e do Ferro atlántico, establecendo a ruta da repoboación.
 
Todo este grupo emparentado conforma o Haplotipo Modal Atlántico (AMH) do R1b, tamén chamado haplotipo 15, cos alelos: DYS388 12, DYS390 24, DYS391 11, DYS392 13, DYS393 13, DYS394 14 (tamén coñecido como DYS19).
 
==Notas==