Diferenzas entre revisións de «Breogán»

== Datos histórico-xenéticos ==
{{Atención|Este non é o artigo acaído para esta información}}
[[Ficheiro:Y-Haplogroup R1 distribution.png|thumb|250px|Distribución do R1a (púrpura) e R1b (vermello)]]
[[Ficheiro:Distribution Haplogroup R1b Y-DNA.svg|300px|thumb|Distribución do haplogrupo R1b ]]
Bryan Sykes (profesor de xenética humana no Instituto de Medicina Molecular da Universidade de Oxford, Decano do Wolfson College (Oxford) e fundador da empresa Oxford Ancestors) publicou no ano 2006 o libro "The Blood of the Isles", onde sobre a base do ADN de 10.000 voluntarios elaborou o mapa xenético de Eire e Inglaterra, mostrando a vinculación xenética da poboación con devanceiros provintes da [[Península Ibérica|península ibérica]].<ref>Sykes, Bryan (2006).</ref>
Spencer Wells na súa obra "''Nuestros antepasados''" publicado en castelán no 2007 (director do proxecto "Genographic" de National Geographic), estableceu a dominancia dos marcadores xenéticos do ADN mitocondrial na península ibérica -en [[Galiza]]-, haplogrupos R1b, I1a, dende hai 16.000 anos (no último máximo glaciar) e a súa posterior extensión ao noroeste de Europa (isto é a liña materna da árbore do ADN). Na mesma obra dentro do estudo da árbore do cromosoma Y, o marcador M173 refire a mesma historia, sendo dominante na península Ibérica -en Galiza- e nas Illas británicas.
 
Estas dúas obras concordantes nos resultados, danlle verosimilitude ás obras clásicas dosdo [[século XI|séculos XI]] é [[século XII|XII]] que compilaban as sagas irlandesas, como as obras historiográficas sobre as tribos galaicas e as súas tradicións até a conquista romana. E ambas obras falan dunha repoboación por homes e mulleres provintes da península ibérica despois do último máximo glaciar. Así mesmo son un reforzo para os historiadores que defenden as teses da sociedade do Bronce e do Ferro atlántico, establecendo a ruta da repoboación.
 
Todo este grupo emparentado conforma o Haplotipo Modal Atlántico (AMH) do R1b, tamén chamado haplotipo 15, cos alelos: DYS388 12, DYS390 24, DYS391 11, DYS392 13, DYS393 13, DYS394 14 (tamén coñecido como DYS19).
Usuario anónimo