Homosexualidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
Dende tempos de Kertbeny a homosexualidade converteuse en obxecto de estudo e debate. Inicialmente catalogouse como unha [[enfermidade]], [[trastorno]] ou [[patoloxía]] que había que curar. Maís tarde [[Sigmund Freud]] consideróu patolóxicas tanto as prácticas como a mesma condición homosexual. A xuizo de Freud, a homosexualidade era unha manifestación de falta de desenvolvemento sexual e psicolóxico que se traducía nunha fixación previa á "madurez heterosexual". Porén, Freud chegaría a reconsiderar a súa posición co tempo, ata afirmar que a homosexualidade "non é un vicio, nin un signo de dexeneración, e non pode clasificarse como unha doenza".
 
Psicoanalistas como [[Alfred Adler]] e [[Carl Gustav Jung]] pronunciáronse máis estrictamenteestritamente. Psicoanalistas posteriores non só non modificaron estes xuizos, sinon que os acentuaron á vez que aplicaban a terapia reparativa. Xa nos anos sesenta [[Irving Bieber]] e outros psiquiatras, partindo da análise derivada da experiencia, afirmaron que a homosexualidade era un trastorno psicolóxico derivado de relacións familiares patolóxicas durante o período edípico. Nesa mesma década, [[Charles Socarides]] defendía, pola contra, a tese de que a homosexualidade se orixinaba nunha época pre-edípica e que, polo tanto, resultaba moito máis patolóxica do que se pensara ata entón. A posterior relativización e negación deses xuizos médicos procedeu de científicos como o doctor [[Alfred C. Kinsey]], que enuncióu teses severamente criticadas poa ciencia psiquiátrica daquela época.
 
== Terminoloxía ==