Jomo Kenyatta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sr:Џомо Кенјата; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 71:
Nas eleccións de maio do [[1963]] a KANU de Kenyatta obtivo 83 escaños dun total de 124. O [[1 de xuño]], Kenyatta convertiuse no primeiro ministro do goberno autónomo queniano, e foi coñecido como ''mzee'' (una palabra [[Lingua suahili|suahili]] que significa "home maior"). Nese momento, pediu aos colonos brancos que non abandonasen Quenia e apoiou a reconciliación nacional. Conservou o cargo de primeiro ministro cando se declarou a independenza o [[12 de decembro]] de 1963. No [[1964]], Quenia convertiuse nunha [[república]], e Kenyatta pasou a ser o presidente executivo.
 
A política de Kenyatta, ao contrario ca de [[Julius Nyerere]] en [[Tanzania]], tivo un carácter conciliador e mantivo a moitos dos antigos funcionarios coloniais nos seus postos. O socialismo africano que desenvolveu tiña bases estrictamenteestritamente nacionais e non estaba ligado aos movementos [[panafricano]]s de trasfondo revolucionario. As reformas que promoveu foron executadas con extrema lentitude e prudenza para non ferir os intereses dos brancos e conservar para o seu país as fortísimas axudas británicas e noteamericana, e tivo que pedir axuda ás tropas británicas para sofocar as revoltas somalíes no norleste e unha rebelión militar en Nairobi en xaneiro de 1964. Algunhas tropas británicas permaneceron no país tras a independenza. O [[10 de novembro]] de 1964, os representantes da KADU incorporáronse ás filas da [[KANU]], formando un único partido.
 
Kenyatta levou a cabo unha reforma agraria relativamente pacífica, e supervisou a incorporación de Quenia ás [[Nacións Unidas]], e pechou acordos comerciais coa [[Uganda]] de [[Milton Obote]] e coa [[Tanzania]] de [[Julius Nyerere]]. Seguiu unha política internacional non aliñada. A estabilidade trouxo consigo a inversión estranxeira e foi unha figura influente en toda África. A pesar dos seus moitos éxitos, a súa política autoritaria levantou críticas e rexeitamento. A á máis radical do seu partido, encabezada por [[Oginda Odinga]] que máis tarde acabaría no cárcere, constituíuse en partido no [[1966]].