Padres da Igrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Crkveni oci
Sen resumo de edición
Liña 35:
*San [[Ambrosio de Milán]] (339-397): proclamado polo pobo bispo de [[Milán]] debido á súa recoñecida sabedoría e bondade. Condenou a matanza de [[Tesalónica]] perpetrada polo Emperador [[Teodosio I]]. Supeditou a lexitimidade do seu poder á sumisión aos valores da xustiza e a caridade consonte o espírito cristiá. Repróchaselle certa intolerancia cos xudeus.
 
*San [[Agostiño de Hipona]]: pensador fundamental da historia da filosofía. En canto ás súas ideas estrictamenteestritamente relixiosas cabe salientar: A [[Graza]]: don gratuíto do Amor de Deus que concede a salvación sen mérito por parte do home; isto enfrontouno a [[Pelaxio]] que defendía a salvación polas boas obras e foi considerado herexe. A [[Santa Trindade]]: na obra do mesmo nome concibe a unidade sustancial de Deus como unha comunión de Amor entre as tres persoas divinas. A ''Cidade de Deus'': como meta da humanidade que supón desacralizar o poder político, o cal debe someterse ás esixencias da xustiza e da caridade consonte o espírito cristiá. O home: criatura feita á imaxe e semellanza de Deus que, tal como expresa nas súas ''Confesións'', vivirá inquedo ata que non acougue en Deus. A moral: centrada no amor ao próximo incluído o inimigo (''ama e fai o que queiras'', afirmará no seu ''Comentario á primeira Carta de S. Xoán''). Para Agostiño "o amor é unha perla preciosa que, se non se posúe, de nada serven o resto das cousas, e se se posúe, sobra todo o demais".
 
*[[San Xerome]] (347-420): Traductor ao latín da [[Biblia]] ([[Vulgata]]). De espírito inquedo e unha vasta cultura, sostivo con paixón as máis diversas polémicas teolóxicas. Fustigou ao clero de Roma, ás virxes hipócritas e á comodidade dos monxes, o que o levou a vivir como eremita en [[Terra Santa]] a onde trasladou a súa extensa biblioteca. Non compartiu as correntes maniqueas e gnósticas que condeaban o matrimonio, pero insistiu en considerar máis excelsa a virxinidade.