Lingua paleoirlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mk:Прото-ирски јазик; cambios estética
Liña 3:
As inscricións oghámicas transcritas, que carecen de letra para o fonema /p/, amosan que o primitivo irlandés era moi semellante en [[morfoloxía]] e [[inflexións]] ao [[lingua gala|galo]], [[latín]], [[lingua grega|grego]] e [[sánscrito]]. Ten poucas das características distintivas do irlandés moderno e é difícil recoñecelo como unha forma do irlandés.
 
== Evolución ao irlandés antigo ==
 
Pola contra, o [[irlandés antigo]], escrito a partir do [[século VI]], é unha lingua que é doado recoñecer como irlandés, coas mutacións iniciais, as consoantes palatalizadas opostas ás que non o están, a letra P, [[grupo consonántico|grupos consonánticos]] creados pola caída de sílabas átonas, xunto cun número de cambios vocálicos e consonánticos significativos.
Liña 13:
== Posíbeis influenzas externas: o [[lingua ivérnica|ivérnico]] ==
 
antes de que os dialctos [[gaélico]]s se desenvolvesen en [[Irlanda]], algúns postulan que os habitantes falaban '''[[lingua ivérnica|ivérnico]]''', especialmente en [[Munster]]. Recibe este nome dun grupo [[galos|galo]]-[[belgas|belga]] coñecido como os [[iverni]] (despois ''Érainn''), testemuñados na ''Xeografía'' de [[Ptolomeo]] ([[século II]]). Esta hipótese pode sosterse polo que parece ser unha breve mención dunha lingua tal nun dicionario irlandés do [[século IX]] ''[[Sanas Cormaic]]'', baixo os nomes ''Iarnnbélrae'', ''Iarnbélrae'', e ''Iarmbérla'', que se se entenden como [[irlandés antigo]], significan "Fala de ferro". Con todo, a maioría dos lingüistas explican estes préstamos [[linguas britónicas|britónicos]] como tomados directamente do [[lingua galesa|galés]], facendo notar que as inscricións oghámicas testemuñan unha presenza irlandesa antiga en [[Gales]]. O estudoso do gaélico [[T. F. O'Rahilly]] propón así a lingua destes ''Iverni'', que el bautizou como '''Ivérnico''', como a fonte destes préstamos.
 
Os que apoian esta hipótese cren que o ivérnico se separou do galo no [[século -V]] e que sobreviviu unha suposta invasión de Irlanda por xente que falaba unha [[linguas goidélicas|lingua goidélica]] (nalgún momento entre [[-500]] e [[-100]]). Din que aínda había un grupo minoritario en Munster na época de [[Beda]] sobre o [[700]]. Con todo os seus falantes foron eventualmente absorbidos na poboación gaelicofalante, e na época na que os [[viquingos]] se estableceron en [[Limerick]] ao redor de [[850]], as linguas ivérnica e goidélica xa converxeran no [[lingua irlandesa|irlandés]].
Liña 19:
[[Cormac mac Cuilennáin]], rei e bispo de [[Cashel, Tipperary|Cashel]] en [[Munster]] en [[Irlanda]], nado en [[836]], e morto en [[908]], escribiu un extenso '''[[Glosario de Cormac|glosario]]''' que dicía que a "Fala de ferro" era "densa e difícil" e que morrera había pouco e que se lembraban dúas palabras: ''ond'' = "pedra" e ''fern'' = "algo bo".
 
== Ver tamén ==
 
* [[Ogham]]
Liña 26:
* [[Linguas britónicas]]
 
== Bibliografía ==
 
* John T. Koch (1995), "The conversion and the transition from Primitive to Old Irish", ''Emania'' 13.
Liña 42:
[[en:Primitive Irish]]
[[es:Idioma paleoirlandés]]
[[mk:Прото-ирски јазик]]
[[zh:原始愛爾蘭語]]