Hymne Monégasque: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''Hymne Monégasque''' (do [[lingua francesa|francés]]: ''Himno monegasco'') é o himno oficial do [[Principado de Mónaco]]. Ten dúas letras, unha en [[lingua francesa|francés]], lingua oficial do principado, e outra en [[monegasco]], lingua vernácula local. T
 
Tivo varias versións: unha primeira versión foi composta e escrita en francés por Theophile Bellando en [[1841]]. Foi adoptada como marcha pola Garda Nacional en [[1848]]. En [[1896]] Charles Albrecht compuxo unha nova versión para piano, da que máis tarde se fixo unha versión para orquestra. Deixou de interpretarse cara a [[1900]] por ser considerada demasiado longa. A actual versión foi creada por Léon Jehin en [[1914]] e tocouse por vez primeira nos actos de conmemoración dos 25 anos de reinado do príncipe Alberte. Finalmente, en [[1931]], Louis Notari escribiu a letra en monegasco. Normalmente, debido á rapidez da música, a segunda estrofa entre os dous refráns non se canta.