Despotismo hidráulico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
O concepto de ''despotismo oriental'' xa fora exposto por [[Karl Marx]] no seu caderno ''Formacións económicas precapitalistas'' (1858), "resultado de 15 anos de investigacións", no cal establece as formas históricas diversas mediante as cales, a propiedade comunal orixinal humana, na cal non hai propiedade privada da terra, pasou ata a propiedade privada do chan e finalmente ata a separación entre o productor e a terra, distinguindo da forma ''antiga'' romana e da ''xermánica'', unha ''forma asiática'' orixinal.
 
Pra Marx a comunidade mesma representa a primeira gran forza produtiva. As condicións obxectivas impuxeron a unidade das comunidades pra empresas comúns como as canalizacións de auga, as vías de comunicación e intercambio ou a guerra pra asegurar un territorio pra a subsistencia. Esta unidade na medida na que se perpetuou fíxose indispensable, apareceu distinta e por riba das moitas comunidades, converténdose como tal no verdadeiro propietario de todo. A unidade suprema rematou encarnada no ''déspota'' ([[Faraón]], [[Emperador]], [[TzarTsar]], [[Inca]], [[Rei]]), gran pai de numerosas comunidades, ao que se liga dunha ou outro xeito á [[divindade]]. Entón a unidade suprema sistematiza a apropiación do pluspruducto, que toma a forma de tributo ou de traballos colectivos praara o déspota e a elite.
 
Este sistema chegou á súa "perfección" e expansión instaurado por ''centros soberanos'' tras sucesivas guerras e conquistas, tanto en Asia, como no [[antigo Exipto]], [[México]] ou o [[Perú]]. John V. Murra (1955) estudou ''a organización económica do estado Inca'', como un caso desenvolvido e eficiente de despotismo comunal, anotando non soamente a relación coas formas asiáticas, senón coas economías e estruturas de poder africanas [[ashanti]], [[ruanda]], [[dahomey]] ou [[yoruba]] e aínda coas [[hawai]]anas. Destaca por exemplo o descubrimento do parecido entre a ''dopkwe'' dahomeiana e a ''mita'' incaica (aproveitada logo polos conquistadores españois).
Liña 16:
O traballo e a responsabilidade eran colectivos. A laboura facíase nas terras comunais, xa que a comunidade como un todo era a que entregaba o tributo.
 
Nos casos no que se trataba dunha conquista, o pobo vencedor non desposuía á poboación vencida do seu territorio, e os vencidos conservaban as súas mesmas tradicións, trazos e costumes.
 
==Na ficción==