Conversa:Academia Galega da Língua Portuguesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Rosamf (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Este artigo é totalmente parcial, para empezar é unha institución ou unha entidade privada, e a redacción é o típico dun panfleto: Fundouse como institución nacional galega creada pola sociedade civi-->quen lle deu ese carácter. --[[Usuario:Barryland|Barryland]] 14:58, 13 xaneiro 2010 (UTC)
: Revertín o teu cambio, pois non o considero tal. Para comezar, referénciase quen fixo tales afirmacións (un dos promotores), cousa que non se fai nun panfleto. E para seguir, afirmar que se consideran unha "institución nacional galega" é relevante, xa que non poñen "institución nacional portuguesa" ou "española". Polo menos así o interpreto eu. --[[Usuario:Rosamf|Rosamf]] 14:19, 14 xaneiro 2010 (UTC)
:Retirei moitas ligazóns externas que non viñan ó caso no artigo (en todo caso deberan aparecer no artigo de cada persoeiro). Tamén teño unha dúbida: non deberíase troca-la categoría Lingua galega por Lingua portuguesa? Se eles mesmos no nome din que é da ''Língua Portuguesa'', quizais é máis correcta esa categoría. --[[Usuario:Albert galiza|Alberte]] <sup>[[Conversa Usuario:Albert galiza|Si, dígame?]]</sup> 15:32, 13 xaneiro 2010 (UTC)
:: Agradézocho. Utilicei o texto da versión da wiki portuguesa. Xa eu mesma quitei moita cousa, pero claro, cando te pós a editar en código é máis difícil ver as cousas, aínda que te apoies na vista previa. Creo que me falta hábito. --[[Usuario:Rosamf|Rosamf]] 14:19, 14 xaneiro 2010 (UTC)
::Para mín esta claro que se trata da lingua portuguesa (que se debería falar en Galicia, o que quere decir claramento o "portugués de Galicia"), polo tanto concordo para categorizar en [[:Categoría:Lingua portuguesa]] [[Usuario:Elvire|Elvira]] ([[Conversa Usuario:Elvire|conversa comigo]]) 17:52, 13 xaneiro 2010 (UTC)
::: A categoría debe ser lingua galega ou ben pór as dúas categorías, xa que non defenden a "lingua portuguesa que se fala en Galiza", senón que o galego é portugués, e que polo tanto se debe escribir coas mesmas normas. Falar de "o portugués que se fala en Galiza" pode maliterpretarse como as falas das persoas de orixe portuguesa ou brasileira que residen no noso país. --[[Usuario:Rosamf|Rosamf]] 14:19, 14 xaneiro 2010 (UTC)
*É certo, Elvire. O que sucede é que segundo os partidarios destes movementos, o noso galego é portugués, co cal a nosa categoría denominada lingua galega sería tamén a súa, só que mal apelada. Non sei se me explico. É un pouco a sardiña que morde o rabo. Un ''evil circle'', como lle din en inglés. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 23:07, 13 xaneiro 2010 (UTC)
Volver á páxina "Academia Galega da Língua Portuguesa".