O home de Laramie: Diferenzas entre revisións

filme de 1956 dirixido por Anthony Mann
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de maio de 2006 ás 12:42

O home de Laramie (The Man from Laramie) é unha película do oeste dirixida por Anthony Mann e protagonizada por James Stewart. Tamén foi a primeira película filmada en cinemascope.

Argumento

Will Lockhart (James Stewart) é un misterioso vaqueiro que chega a Coronado, unha pequena vila de Novo México, coa única obsesión de atopar a persoa que lle vendeu uns rifles ós apaches que causaron a morte do seu irmán. Alí coñecerá ó cacique local, un vello cego chamado Alec Waggoman (Donald Crisp), ó seu despiadado fillo Dave (Alex Nicol) e ó seu fillo adoptivo Vic Hansbro (Arthur Kennedy). A sede de vingaza de Will o levará a un enfrentamento co clan, especialmente con Dave, quen a piques está de causarlle a morte.

Inspirada na obra de William Shakespeare O rei Lear, James Stewart dá vida a un heroe débil e víctima das súas obsesións, moi lonxe do arquetipo de vaqueiro representado por exemplo por John Wayne ou Clint Eastwood. Amais, Mann saca proveito das vantaxes do cinemascope para enfatizar a violencia e dor das personaxes a través da paixase deserta e árida de Novo México.

Reparto

Trivia

  • É a cuarta película de cinco en total que rodan Mann e Stewart xuntos. Antes de O home de Laramie rodaran Winchester 73 (1950), Colorado Jim (1953), Horizontes lonxanos (1952) e Música e bágoas (1954).
  • O duelo entre Dave e Will será lembrado coma a escena máis violenta no cine dos conservadores anos 50, causando unha gran controversia pola violencia que desprende a cinta.

Ligazóns externas