Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 156:
 
=== Ortografía e pronuncia ===
A lingua escrita ten unha aparencia sorprendente para quen non está familiarizado. Unha vez comprendida, a ortografía é bastante obvia. O [[acento agudo]] ''síneadh fada'' (´) sirve para alongar o son das vogais e, nalgúns casos, tamén modifica a súa [[cualidade]]. Por exemplo, no irlandés do Munster, ''a'' é {{IPA|/ʌ/}} ou {{IPA|/ɑ/}} e ''á'' é {{IPA|/ɔ/}}, mais no irlandés do Ulster, ''á'' tende a ser {{IPA|/ɑː/}}.
 
Aproximadamente durante a [[Segunda Guerra Mundial]], Séamas Daltún, a cargo do '''Rannóg an Aistriúcháin''' (departamento oficial de traducións do Goberno irlandés), redixiu as súas propias directrices sobre como [[normativización|normativizar]] a ortografía e a gramática irlandesas. Estas normas de facto aprobáronse máis tarde e convertíronse na Normativa Oficial ou '''Caighdeán Oifigiúil'''. Elimináronse moitas palabras e letras mudas e as combinacións vocálicas aproximáronse da lingua escrita. Cando existían varias versións da mesma palabra nos diferentes dialectos escolleuse unha ou máis.