Estandarización da lingua galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m Mellor manter o esquema de Benigno Fernández e Henrique Monteagudo, é máis claro.
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 6:
=== Galego popular===
O galego que se empregou na escrita durante gran parte do [[século XIX]] estaba moi próximo ao galego falado<ref>Henrique Monteagudo (ed.) ''Ob. cit'', páxina 127</ref>, sen que a tradición literaria do galego medieval influíse significativamente, pero tampouco houbo realmente escritores dialectais puros, nos textos adoitan convivir solucións interdialectais. Nesta liña de achegamento á fala popular abundan os vulgarismos e os [[castelanismo]]s, mesmo alternando con formas propias do galego, xa que era o castelán escrito o que actuaba como modelo<ref>Xosé Luís Regueira ''A sílaba en galego: lingua, estándar e ideoloxía'' en Ramón Lorenzo (coord.) ''Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza''. Universidade de Santiago de Compostela, 2002, páxina 245</ref> para uns escritores que carecían de calquera referencia para o galego máis alá do galego popular. Pola contra case non aparecen [[hiperenxebrismo]]s ou [[arcaísmo]]s e as vacilacións na escolla e escrita do [[léxico]] era a norma. Contra [[1880]], no final do período, comezou o debate sobre que tipo de galego debería servir de base á lingua literaria, por unha banda estaban os defensores do galego popular, baseado na fala do rural, menos influída polo castelán, e pola outra os defensores dun galego culto, baseado no galego das vilas e cidades e máis castelanizado.<ref>Ernesto Xosé González Seoane ''A estandarización do léxico en Galicia: perspectiva histórica'' en María Álvarez de la Granja e Ernesto Xosé González Seoane (ed.) ''A estandarización do léxico''. Consello da Cultura Galega, 2003, páxina 168</ref>
=== Galego enxebrista===
A partir de finais do século XIX, con [[Antonio López Ferreiro]], e sobre todo na época das [[Irmandades da Fala]] e a [[Xeración Nós]] procúrase a pureza da lingua, mesmo chegando na súa afirmación fronte ao castelán en distorsións do propio léxico galego e en prácticas diferencialistas<ref>Ramón Mariño Paz ''Historia da lingua galega''. Sotelo Blanco, 1998, páxina 466</ref> que deron orixe aos coñecidos como [[hiperenxebrismo]]s. O castelán deixou de ser o único referente para a creación do léxico novo, recórrendose fundamentalmente a [[arcaísmo]]s, [[lusismo]]s e estranxeirismos pero tamén a [[neoloxismo]]s.
== Notas ==
<references/>