Diferenzas entre revisións de «Xogos Olímpicos de 1904»

m
bot Engadido: ab:Сент-Луис 1904; cambios estética
m (bot Engadido: ab:Сент-Луис 1904; cambios estética)
|}
 
Os '''III [[Xogos Olímpicos]]''' realizáronse na cidade de [[Saint Louis]], no estado de [[Missouri]], [[Estados Unidos]]. Da mesma maneira que os Xogos anteriores en [[París]], estes foron novamente integrados a unha grande exposición e feira de negocios, desta vez a ''Louisiana Purchase Exhibition'', sen ningunha relación co deporte. Tamén como en París, os Xogos alongáronse durante cinco meses, sendo inaugurados o [[1 de xullo]] e tendo a súa clausura o [[23 de novembro]] de [[1904]].
 
Indignado coa situación, que en todo repetía a desorganización e a lixeireza amosada nos Xogos de París catro anos antes, [[Pierre de Coubertin]], mesmo recibindo unha carta do Presidente [[Theodore Roosevelt]] implorando a súa presenza, recusouse a comparecer a St. Louis para a cerimonia de apertura e permaneceu en [[Europa]].
Por causa da grande distancia transoceánica, varios países de Europa non compareceron e os países participantes limitáronse a 12, con 16 modalidades deportivas disputadas, resultando máis dos tres cuartos dos 651 atletas presentes (645 homes e 6 mulleres) dos propios [[Estados Unidos]], o que explica a grande cantidade de medallas conquistadas polo país anfitrión e a enorme diferenza no Cadro de Medallas para o segundo colocado.
 
== Curiosidades ==
 
* Foi nestes Xogos nos que por primeira vez se introduciu na entrega dos premios ós vencedores as medallas de [[ouro]], [[prata]] e [[bronce]] como hoxe coñecemos.
* O ximnasta ''George Eyser'', dos [[EUA]], foi un dos máis incribles atletas dos Xogos de St. Louis, conquistando seis medallas de [[ouro]], sendo que a súa perna esquerda, debido a unha amputación na infancia, era unha perna de pau.
 
== Modalidades olímpicas disputadas ==
 
{|
|
* [[Atletismo]]
* [[Boxeo]]
* [[Soga-tira]]
* [[Ciclismo]]
* [[Esgrima]]
* [[Fútbol]]
* [[Ximnasia]]
* [[Golf]]
* [[Halterofilia]]
|width=20|
|valign=top|
* [[Lacrosse]]
* [[Loita]]
* [[Natación]]
* [[Waterpolo]]
* [[Remo (deporte)|Remo]]
* [[Roque]]
* [[Saltos de trampolín]]
* [[Tenis]]
* [[Tiro con arco]]
|}
 
== Cadro de Medallas ==
 
{| class="wikitable"
{{Link FA|de}}
 
[[ab:Сент-Луис 1904]]
[[af:Olimpiese Somerspele 1904]]
[[ar:ألعاب أولمبية صيفية 1904]]
76.344

edicións