Duma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "thumb|right|500px|Sala das sesións da Duma Estatal do Imperio ruso, San Petersburgo Unha '''Duma''' (en ruso: ''Ду́ма'') é calque..."
 
Liña 7:
A [[Duma Estatal]] (en ruso: Государственная дума (Gosudarstvennaya Duma), abreviatura común: Госдума (Gosduma)) é na [[Federación Rusa]] a cámara baixa da Asamblea Federal Rusa, sendo a cámara alta o [[Consello da Federación de Rusia]]. De acordo coa constitución rusa de [[1993]], a Duma Estatal esta formada por 450 deputados que son elixidos cada catro anos.
 
==A Duma Estatalde Estado durante o Imperio Ruso==
Baixo a presión da [[Revolución rusa de 1905]], o [[6 de agosto]] de [[1905]], o tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] publiciou un manifesto acerca da convocación da Duma, que inicialmente se cría que sería só un organo consultivo.o En dito [[Manifesto de Outubro]] o tsar comprometeuse a introducir liberdades civís básicas, a proporcionar unha participación máis alta na Duma Estatal e a dotar a Duma de poderes lexislaticos e sobreseimento. Aínda que Rusia estaba lonxe de ser unha democracia, a Duma Estatal é comparada coa cámara baixa dun parlamento, e o Consello de Estado do Imperio Ruso coa cámara alta.
Porén, [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] estaba decidico a manter o seu poder autocrático. Xusto antes da creación da Duma, en maio de [[1906]], o tsar promulgou unhas leis fundamentais que contradicían o Manifesto de Outubro en varios aspectos. Indicabase en parte que os ministros do tsar non podían ser designados póla Duma e non tiñan que responder ante ela, negando así o goberno representativo en canto ao poder executivo se refire. Ademáis, o tsar tiña o poder de disolver a Duma e anunciar novas eleccións cando o desease.