44.243
edicións
m (formato 'Véxase tamén') |
m |
||
|profesión= político e profesor de matemática}}
'''Éamon de Valera''',
[[Matemático]], [[mestre]] e [[político]], serviu como xefe do goberno irlandés en tres ocasións, como o segundo [[Presidente do Consello Executivo do Estado Libre Irlandés|Presidente do Consello Executivo]] (nome orixinal para o [[Primeiro Ministro]]) e o primeiro [[Taoiseach]] (Primeiro Ministro desde 1937). Terminou a súa carreira política como [[Presidente de Irlanda]], cumprindo dous mandatos desde 1959 ata 1973. Foi tamén chanceler da [[Universidade Nacional de Irlanda]] desde 1922 a 1975.
==Biografía==
Bautizado como Edward, naceu no Hospital de Infancia e Enfermería de [[Nova York]] en [[1882]] dunha nai irlandesa, Kate Coll, natural do condado de [[Limerick]] e de Juan Vivion de Valera, escultor hispano-cubano con intereses económicos en [[Cuba]]. En 1885 ao morrer seu pai marchou cun seu tío a Irlanda, á casa duns familiares en [[Knokmore]], escolarizouse na escola pública de [[Bruree]] e posteriormente na escola da [[Congregación dos Irmáns Cristiáns]] de [[Charleville]]. Os dezaseis anos recibiu unha bolsa de estudo para acudir ao Blackrock College en [[Dublín]], destacou como estudante e como xogador de [[rugby]] e [[cricket]]. Profesor de matemáticas no Rockwell College en 1903 gradouse ao ano seguinte en matemáticas na Universidade Real de Irlanda e deu clases no Belvedere College e no Carysfort College, centro para formación de profesoras de primaria. Tamén ensinou no Seminario de [[Maynooth]].
==Actividade pública==
Entusiasta da [[lingua irlandesa]] inscribiuse en 1908 no Ardchraobh da [[Liga Gaélica]] e alí coñeceu a Sinéad Flanagan con quen casou en 1910, partidario da autonomía uniuse aos [[Voluntarios Irlandeses]] cando esta organización se formou en novembro de 1913, capitán da compañía de [[Donnybrook]] (distrito de Dublín) mentres se preparaba un levantamento armado foi nomeado comandante do terceiro batallón e axudante da brigada de Dublín e entrou na organización secreta [[Irmandade Irlandesa Republicana]].
{{Commons|:Category:Eamon de Valera}}
===Ligazóns externas===
* [http://www.apostles.com/devalera.html Biografías e fotografías] de Eamon de Valera {{en}}
* [http://meandmypage.tripod.com/Art/DeValera.html Eamon de Valera & the Fianna Fail] Ensaio sobre as eleccións xerais de 1932 {{en}}
[[Categoría:Presidentes de Irlanda|De Valera, Eamon]]
{{Link FA|he}}
|