Comarca de Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Porto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
A '''Comarca de Ferrol''' sitúase na [[provincia da Coruña]]. Limita ao norte e ao este co [[océano Atlántico]], ao leste coa [[comarca do Ortegal]] e ao sur coa [[comarca do Eume]]. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 163.158 habitantes, distribuídos en 11 concellos.
 
A comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas: '''Ferrolterra''', integrada por Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda, mira cara a [[ría de Ferrol]]; os concellos están moi cohesionados entre si, son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación; dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións. Desde 1971 existe unha Mancomunidade de Concellos da Comarca Ferrol, na que se integrou Valdoviño en 1977. Unha segunda zona, a máis alonxadaafastada da costa, esténdese polos concellos de Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e As Somozas. A terceira consiste en Cedeira.
 
En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior.