Falsete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tfeliz (conversa | contribucións)
Tfeliz (conversa | contribucións)
→‎Tipos de falsete: correccións
Liña 9:
 
===Tipos de falsete===
O ''falsete'' pode ser ''patolóxico'', ''mecánico'' ou ''artístico''.:
* O '''falsete patolóxico''' é o mutacional, que afecta aos pospúberes e adultos masculinos. As causas máis usuais son [[Sistema endócrino|endócrinas]] (por mor da debilidade dos [[músculo]]s bucais) ou [[psicoloxía|psicolóxicopsicolóxicas]] (por dificultade de adaptación á nova voz). Por este motivo, non é frecuente atopar voces de falsete mutacionais en mulleres ou nenos.
* O '''falsete mecánico''' é a voz dun home cando imita a voz dunha muller ou neno. Esta voz realízase de modo voluntario e non supón ningún esforzo para o [[aparello fonador]]. Outra variación aparece cando unha voz non cultivada masculina canta por riba das súas posibilidades. Isto prodúcese porque cando se vai subindo de [[ton]] ao cantar, ao chegar ao punto de máxima contracción muscular, a larinxe sofre unha dilatación brusca. Entón, unha parte das cordas vocais perde presión e dobra a súa frecuencia (adoptando a oitava da muller, que é unha máis alta) e é entón cando soa como a voz dunha muller. Este fenómeno non se produce en voces estudadas. O punto no que se pasa dunha voz a outra é denominado ''paso de voz''.
* O '''falsete artístico''' é aquel que se usa deliberadamente.
 
Existe outro tipo de falsete pospúberpospúbere, que non se inclúe na clasificación anterior, que é unicamente técnico. O púberpúbere, co fin de disimular os [[galo]]s da muda da súa voz, utiliza o falsete como voz substitutoriasubstitutiva. No momento que quere acceder a súa voz masculina, como non a ten traballada, non a sabe utilizar. Estes problemas arránxanse coa [[fonoterapia]] con relativa facilidade.
 
==Historia==
Ao longo da historia vocal, os cantantes que utilizaban o ''falsete artístico'' foron substituídos polos [[castrati]] (dos séculos [[XVI]] ao [[XIX]]). Cantaron con moita sona durante tres séculos. O último que se coñece é [[Alessandro Moreschi]] que morreu no [[1922]]. Créese incorrecto denominar aos castrati como falsetistas, debido a que a súa voz non é finxida, polo que se dan en chamar ''sopranistas'' (debido a que posuían unha voz culta). Actualmente, os homes que educan a súa voz como sopranistas reciben o nome de [[contratenor]]es.