Podzol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: uk:Підзолисті ґрунти; cambios estética
Liña 1:
[[ImageFicheiro:Podzol.jpg|thumb|250px|Perfil do podzol]]
O '''podzol ou podsol''' (do ruso под/pod=debaixo, зола/zola=cinzas, que significa “debaixo das cinzas”) é un tipo de [[solo]] característico de [[clima]]s fríos e húmidos ([[Canadá]], [[Escandinavia]] e [[Rusia]] setentrional) ou temperado frío ([[Europa Occidental|vertente atlántica de Europa]]), con abundantes [[precipitación]]s, que se caracteriza por unha alta lixiviación, que propicia que unha grande cantidade de substancias superficiais migren a niveis inferiores. O [[Solo#Horizontes|horizonte B]] caracterízase por un alto depósito de [[óxido]]s, que confiren a esta capa unhas tonalidades avermelladas características.
 
== Formación ==
O frío provoca unha descomposición lenta da [[materia orgánica]], principalmente de [[árbore]]s resinosos e brezos, que dan lugar á formación dun [[humus]] [[ácido]] ([[pH]] superficial de 3,5 a 4,5) que, de ser filtrante a rocha nai subxacente (como é o caso da [[area]] e da [[areísca]]) ataca á [[arxila]] e a degrada. As augas infiltradas lixivian ese [[solo]] e fan descender máis ou menos profundamente o seu [[ferro]] e a súa alúmina. A parte inferior do primeiro horizonte consta esencialmente de finos grans de [[cuarzo]] e adquire o aspecto e a cor da cinza. O [[Solo#Horizontes|horizonte B]], no cal acumúlase o [[ferro]], pode ser cementado por este ata formar un estrato concrecionado.
 
== Capas ==
Nun podzol distínguense de arriba a abaixo as seguintes capas:
* un horizonte superficial negro, fibroso, de [[materia orgánica]] parcialmente descomposta,
Liña 13:
* un estrato pardo avermellado, rico en ferro e alúmina.
Existen variantes nas cales pode faltar algunha das capas anteriormente mencionadas, salvo a gris, pois é característica do podzol.
 
[[Categoría:Tipos de solo]]
 
Liña 38 ⟶ 39:
[[sv:Podsol]]
[[tr:Podzol]]
[[uk:Підзолисті грунтиґрунти]]
[[vi:Podzol]]
[[zh:灰化土]]