Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Calrosfking»

→‎Eucalipto: grazas Carlos
(Nova sección: →‎Eucalipto)
(→‎Eucalipto: grazas Carlos)
 
Boas Carlos. Ó mellor ti sabes onde conseguir información sobre a extensión do [[eucalipto]] en Galicia, preferiblemente con datos históricos. Os datos que atopo son ás veces contraditorios, quizais por referirse uns a eucaliptais puros e outros a bosques mixtos. Outra pregunta: cando se compara o número de especies vexetais que medran no sotobosque dun eucaliptal ou dunha fraga dan un número de, por exemplo, 60-70 nun bosque de ribeira e 20 nun eucaliptal maduro. ¿A que superficie se refire esta cifra? ¿son especies por metro ou en todo o bosque? Grazas e ata outra pregunta. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 19:53, 3 xaneiro 2010 (UTC)
* Grazas polos datos que me dás. No caso das cifras comparadas de especies entendo o que dis: parece lóxico que o farán sobre superficies iguais pero ben podían indicalo. Eu lembro facer algo así hai moitos anos no istmo da Lanzada e as "parcelas" eran cadradiños de 1 m2 que iamos movendo dun sitio a outro, ó chou. E sei que algo parecido fixeron no istmo, buscando bichiños, pero xa non sei a metodoloxía. Teño un folletiño editado por Celulosas (asinado por Bará) que rebate tódalas críticas ós eucaliptos. Fala tamén disto, naturalmente, pero tampouco especifica superficie.
* O das aves venme moi ben, e incorporareino ó artigo; como ademais coñezo ó responsable da SGO no Grove podo pedirlle datos máis actuais. E canto ó da extensión dos eucaliptos en Galicia ¿non resulta extraño ese secretismo? Semella que non queren cuantificar para que non nos asustemos. Bueno, que moitas grazas. Bótalle un vistazo ó artigo por se metin algún cazapo. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 22:19, 7 xaneiro 2010 (UTC)
54.971

edicións