134.824
edicións
m (bot Engadido: io:Tibio) |
(arranxiños) |
||
A '''tibia''' é un [[óso]] humano longo que ocupa a parte interna da [[perna]].
==
Presenta, como todo óso longo, unha [[epífise]] proximal, unha diáfise e unha epífise distal.
*'''Epífise proximal''': Ten unha forma cuboidea, e por iso, consta de seis superficies.
** '''Superficie superior''': Presenta dúas pequenas excavacións, destinadas a artellarse cos meniscos do [[xeonllo]]. Entre eles hai unha pequeña espiña que separa dúas áreas de inserción: unha '''preespiñosa''', onde se inserta o ligamento cruzado anterior do xeonllo; e unha '''retroespiñosa''', onde se insire o ligamento cruzado anterior.
**'''Superficie inferior''': É unha zona de transición entre diáfise e epífise. Nos nenos aínda non se osifica ata a pubertade.
**'''Superficie anterior''': Atopamos dous tubérculos, un anterior ('''''tubérculo tibial anterior'''''), que permite a inserción do ligamento rotuliano; e un lateral ('''''tubérculo do tibial anterior ou de Gerdy'''''), onde remata o [[músculo tensor da fascia lata]] e comeza o [[músculo tibial anterior]].
**'''Superficie posterior''': Insírese o músculo semimembranoso, formando tres tendóns:
***Tendón directo: É o tendon que se insire no óso, e é o de maior funcionalidade.
***Tendón reflectido: É un tendón que nace a nivel tibial. Segue por unha canle ósea por toda a superficie posterior ata a interna.
***Tendón poplíteo oblícuo: Ascende cara a parte posterior do xeonllo.
**'''Superficie interna''': Insírese o ligamento lateral interno do xeonllo, que consta de dous planos:
***Plano superficial: Máis longo e máis ancho co fondo. Cobre ó fondo e chega a cubrir ó tendón reflectido do semimembranoso.
***Plano fondo: Máis curto e menos ancho.
**'''Superficie externa''': Insírese nela parte do [[músculo poplíteo]] e o ligamento lateral externo do xeonllo.
*'''Diáfise'''
**'''Superficie interna''': Presta inserción ós músculos da pata de ganso na parte superior:
***Semitendinoso
***Recto interno da coxa
***Sartorio
**'''Superficie externa''': Nos dous terzos superiores insírese o [[músculo tibial anterior]]
**'''Superficie posterior''': Insírense:
***Músculo poplíteo
***Músculo sóleo
***Músculo tibial posterior
***Músculo flexor longo do primeiro dedo
**'''Bordo anterior''': Vaise desprazando cranio-caudalmente cara a parte interna. É un bordo moi afiado.
**'''Bordo interno''': Pouco importante.
**'''Bordo externo''': Artéllase co peroné. Véxase [[Articulacións tibio-peroneas]]
*'''Epífise inferior''':
**'''Superficie anterior''': Pasan os tendóns de:
***Músculo tibial anterior
***Músculo extensor común dos dedos do pé
***Músculo extensor propio do I dedo
***Músculo peroneo anterior
**'''Superficie posterior''': Paso do músculo tibial posterior e dos músculos flexores.
**'''Superficie superior''': Continúase co resto do óso.
**'''Superficie inferior''': Artéllase co óso astrágalo.
**'''Superficie interna''': Continúase co maleolo tibial
***Superficie interna do maleolo: É unha superficie subcutánea. Os impactos nela ocasionan moita dor.
***Superficie externa do maleolo: É unha superficie articular. Artéllase co astrágalo.
***Base do maleolo: Continúase co resto do óso.
***Vértice do maleolo: Insírese o ligamento lateral interno do nocello.
**'''Superficie externa''': Presenta unha faceta articular para o peroné. Véxase [[articulacións tibio-peroneas]]
==Funcións==
Ademais da función de sostén, contribúe á mobilidade do [[xeonllo]] e á do [[nocello]].
==Articulacións da tibia==
Ademais das xa mencionadas do [[nocello]] e o [[xeonllo]], están as [[articulacións tibio-peroneas]].
[[Categoría:Esqueleto]]
|