Manuel Meilán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Manuel Meilán Martínez''', nado o [[18 de xullo]] de [[1904]] e falecido en [[1994]] en [[Montevideo]], foi un dinamizador do [[galeguismo]] na comunidade emigrante en [[Uruguai]].
 
==Traxectoria==
===Emigración===
Para evitar a [[Guerra hispano-marroquí]] emigra en [[1922]] a [[Bos Aires]], onde comeza a traballar no sector comercial. Traba contacto cun grupo de galeguistas onde estaban [[Eduardo Blanco Amor]], [[Ramón Suárez Picallo]], [[José Abraira]], [[Lino Pérez]] e [[Rodolfo Prada]]. Forma parte de ''[[El Hogar Gallego]]'', e comeza a participar na [[Federación de Sociedades Galegas]].
 
===Activismo galeguista===
En [[1931]] participa na creación do [[Partido Galeguista]] na Arxentina, do que é secretario. En [[1934]] entra a traballar nun laboratorio farmacéutico e trasládase a [[Montevideo]]. Participa nos inicios da [[Irmandade Galeguista de Uruguai]] con [[Antón Crestar]] e da [[Casa de Galicia de Uruguai]]. Aliñado co goberno democrático republicano, colabora en diversos xornais e en sociedades de recadación de fondos para o mantemento do exército e da resistencia republicana. En [[1940]] ingresa na [[masonería]].
 
En [[1956]] participa no primeiro [[Congreso da Emigración Galega]], que se celebra en [[Bos Aires]] e que ten como presidente a [[Xesús Canabal]], compañeiro seu da emigración uruguaia e tamén de masonería. Canda el e [[Alfredo Somoza]] impulsa as emisións [[radio (medio de comunicación)|radiofónicas]] ''[[Sempre en Galicia]]'' ([[1950]]), e o [[Patronato da Cultura Galega]] de Montevideo ([[1968]]).
 
==Recoñecementos==
En [[1987]] recibiría a [[Medalla Castelao]].